Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Páxina de conversa»

sen resumo de edición
m (Desfixéronse as edicións de 79.152.157.149 (conversa); cambiado á última versión feita por Tegel)
==Uso das páxinas de conversa==
===Seccións===
Para comezar unha conversa sobre un tema novo, cree unha sección nova escribindo nunha liña isto: <ttkbd>== Cabeceira ==</ttkbd>, substituíndo "Cabeceira" por un título axeitado para o tema que se vai tratar. Cómpre lembrar que as novas discusións van ''ao final'' da páxina. Tamén podes empregar a lapela co texto "Engadir un novo comentario", na parte superior, que fai todo iso automaticamente.
 
Para seguir o fío dunha conversa en progreso, engade o teu comentario debaixo da última entrada na conversa. Se o que queres é responder á intervención doutro usuario, sitúa a túa resposta directamente debaixo desa. Ao levar a cabo estas prácticas, ten en conta os consellos sobre o uso de sangría, expostos máis abaixo.
 
===Asina as mensaxes===
Deberías [[Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa|asinar as túas intervencións]] en todas as páxinas de conversa. O xeito máis cómodo de facelo é escribindo catro tiles (<ttkbd><nowiki>~~~~</nowiki></ttkbd>) ao final do comentario ou premer no botón coa sinatura ([[Ficheiro:Insert-signature.png|link=|alt=]]) presente na caixa de edición. Isto converterá automaticamente o código nunha sinatura co teu nome de usuario e a data e mais a hora. (O estilo da túa sinatura pódelo cambiar nas [[Wikipedia:Preferencias de usuario|preferencias]].)
 
===Sangría===
A sangría emprégase para facer a lectura máis doada e mellorar así o seguimento das conversas. Os comentarios levan sangría para sinalar que son respostas a outros comentarios.
 
O modo de provocar a sangría é engadindo dous puntos (<ttkbd>:</ttkbd>) ao comezo da liña. Cantas máis veces repitas os signos de puntuación, máis sangría terá o teu texto.
 
O primeiro comentario dunha sección non vai con sangría. A partir de aí, o máis recomendable é darlle á túa resposta un nivel máis de sangrado ca o que ten o comentario feito pola persoa á que contestas.
Ás veces é necesario mostrar unha oración ou parágrafo sacado do artigo para que os outros editores poidan entender facilmente daquilo que se fala.
 
Unha maneira doada de facer isto é mediante o modelo {{m|Cita}}. Escribe <ttkbd><nowiki>{{Cita|Oración ou parágrafo citado do artigo.}}</nowiki></ttkbd> para producir o seguinte:
{{Cita|Oración ou parágrafo citado do artigo.}}