Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxiño
Orbitando tan lonxe do [[Sol]], Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 [[°C]]. Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.
 
A estrutura interna lembra a de [[Urano (planeta)|Urano]]—un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, [[auga]], amonio líquido e [[metano]]. A terza parte exterior é unha mestura de [[gas]]es quentes composta por [[hidróxeno]], [[helio]], auga e metano. Igual que Urano e a diferenza da composición uniforme de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] e [[Saturno (planeta)|Saturno]], considérase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o [[campo magnético]] de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47 °C, e desviado no mínimo en 0,55 radiáns (preto de 13.500 km) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os científicos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.
 
== Órbita e rotación ==
99.698

edicións