Hiroshima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegar > engalar.
Liña 61:
Ao mesmo tempo, o operador de control da compañía de transmisión xaponesa en [[Tokio]] notou que a estación de Hiroshima encontrábase fóra do ar. Intentou utilizar otra liña telefónica para restabelecer o seu programa, pero fallou tamén. Cerca de 20 minutos máis tarde, o centro telegráfico en Tokio notou que a liña de telégrafo parara de funcionar ao norte de Hiroshima. Dalgunhas estacións de tren pequenas e próximas á cidade chegaron informes oficiosos e confusos dunha terríbel explosión en Hiroshima. Todos estes comunicados foron transmitidos aos cuarteis xerais xaponeses. Os cuarteis militares intentaron comunicarse reiteradas veces coa estación de control do exército en Hiroshima. O absoluto silencio proveniente da zona confundiu os homes do cuartel; sabían que ningún ataque inimigo a grande escala podería ter ocorrido, e sabían que daquela non existían depósitos de explosivos de grande tamaño en Hiroshima. Ordenouselle a un xove oficial voar inmediatamente a Hiroshima, aterrar, identificar os danos e regresar a Tokio con información fiábel para os membros do cuartel xeral. <!--It was generally felt at Headquarters that nothing serious had taken place, that it was all a terrible rumor starting from a few sparks of truth.-->
 
O oficial dirixiuse ao aeroporto e despegouengalou cara o suroeste. Tras cerca de tres horas de voo, mentres se encontraba aínda ao redor de <font color="red">100 millas</font> Hiroshima, o oficial e o seu piloto divisaron unha enorme nube de fume sobre a cidade. A media tarde ardían os restos de Hiroshima.
 
O seu avión axiña chegou á cidade, a cal bordearon. Unha xigantesca cicatriz sobre a tierra, aínda ardendo, e cuberta por unha moi espesa nube de fume, era todo o que quedaba dunha gran cidade. Aterraron ao sur da cidade e o oficial comezou a organizar medidas de axuda, despois de informar do visto a Tokio.