Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 95:
O [[gando]] sácase das cortes e lévase a andar sobre a herba —ou ben déixase ó relente toda a noite— para que reciba o ''orballo de san Xoán'', que o protexerá das enfermidades durante o ano.
 
[[Vicente Risco]] recolle a crenza na zona da [[Comarcacomarca da Limia]] de que durante a noite de san Xoán poden escoitarse as campás da cidade de ''[[Antioquía (lenda)|Antioquía]]'', asolagada baixo as augas da [[lagoa de Antela]].
 
=== Herbas de san Xoán ===
Liña 111:
 
=== Sortilexios ===
A noite de san Xoán é especialmente propicia para levar a cabo certos [[sortilexio]]s cos que adiviña-lo que vai acontecer no futuro. Por exemplo, se unha muller bota a clara dun [[ovo (alimento)|ovo]] nun vaso de auga ás doce da noite, e deixa este durante toda a noite, ó mencer pode adiviñar con quen vai casar segundo a forma que adopte a clara callada: se semella un martelo, será un carpinteiro; se un barco, un mariñeiro, se unha engra, un ferreiro. Tamén se utiliza este método para adiviña-lo futuro dunha persoa: se o que semella é un cadaleito, agoira unha morte próxima ;<ref>Antón Fraguas conta que ''unha rapaza veu formada unha caixa e morreu coa preocupación'' (''La Voz de Galicia'', 23.06.1991).</ref>; se un corazón, un próximo amante; se un meniño, que vai ter fillos.
 
Cando a moza teña varios pretendentes, pode, igualmente, saber con cal deles vai casar: para sabelo ha de botar no vaso varios papeliños enrolados cos nomes dos distintos mozos. O que ó mencer apareza desenrolado será o futuro marido. Outra forma para recoñece-lo futuro marido consiste en deixar na ventá unha pela de [[pataca]]: á mañá estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.