Nazismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 200.41.103.212 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 65:
Esta expansión empurrou a economía alemá fóra dunha profunda [[Depresión (economía)|depresión]] e o pleno emprego en menos de catro anos. O [[consumo]] público durante o mesmo período aumentou 18,7%, en tanto que o consumo privado aumentou o 3,6% anualmente. Porén, e unha vez que a produción era máis ''consumidora'' que ''produtora'' (a elaboración de proxectos de traballo, a expansión da máquina de guerra, a iniciación do recrutamento para retirar homes en idade produtiva do [[mercado de traballo]]), as presións inflacionistas reapareceron, se ben que non chegaran aos extremos da República de Weimar. Estas presións económicas, combinadas coa máquina de guerra cuada durante a expansión (e as concomitantes presións para o seu uso), levou a algúns expertos á conclusión de que bastaban esas razóns para tornar unha guerra europea inevitable. Dito doutra forma, sen unha nova guerra europea que soportase esta política económica consumista e inflacionaria, o programa económico doméstico nazi era insustentable. Isto non significa que as consideracións políticas non tivesen maior peso no desencadeamento da Segunda Guerra Mundial. Significa só que a economía foi e continua a ser un dos principais factores de motivación para calquera sociedade que vai á guerra.
 
O partido nazi acreditaba que un complot da banca internacional estivo detrás da depresión global dos anos 30. O control desta complot foi identificado co grupo étnico formado polos xudeus, o que forneceu outra ligazón á súa motivación ideolóxica para a destrución dese grupo no [[holocausto]]. Porén, e dunha maneira xeral, a existencia de grandes organizacións internacionais da [[banca]] e de banca mercantil era ben coñecida neste tempo. Moitas desas institucións bancarias eran capaces de exercer presións sobre os estados-nacións a través da concesión ou da retención de [[Crédito bancario|créditos]]. Esta influencia non se limita aos pequenos estados que precederon á creación do [[Imperio Alemán]] en tanto estado-nación na década de [[1870]], mais xurdexorde nas historias de todas as potencias [[Europa|europeas]] desde [[1500]]. En realidade, algunhas corporacións transnacionais do período entre 1500 e 1800 (a [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] é un bo exemplo) foron creadas especificamente para entrar en guerras en lugar dos gobernos, e non ao revés.
 
Usando unha nomenclatura moderna, aínda que facelo poida ser algo discutible, é posible dicir que o partido nazi estaba contra o poder das corporacións transnacionais, que consideraba excesivo en relación ao dos estados-nación. Aínda que por motivos por veces opostos, esta posición anticorporativa é compartida por moitas forzas políticas desde a esquerda e centro-esquerda, ata a extrema dereita.