Diferenzas entre revisións de «Lingua castelá»

sen resumo de edición
No [[século VIII]], trala [[invasión musulmá da península Ibérica|invasión musulmá]] da [[península Ibérica]], formáronse dúas zonas ben diferenciadas: en [[Al-Ándalus]] os dialectos romances deron pé ao [[lingua mozárabe|mozárabe]], que convivía coas linguas da minoría estranxeira-invasora alóctona ([[lingua árabe|árabe]] e [[Linguas bérberes|bérber]]). Mentres, na zona en que se formaban os reinos cristiáns desde pouco despois do inicio da dominación musulmá, comezou unha evolución diverxente, na que xurdiron varias modalidades romances dun ''continuum'' intercomprensible: a [[lingua catalá|catalá]], a [[Lingua aragonesa|navarro-aragonesa]], a [[castelán medieval|castelán]], a [[asturleonesa]] e a [[Galego-portugués|galaico-portuguesa]]. O dialéctico románico castelán naceu no [[condado de Castela]] (entre o sur de [[Cantabria]] e o norte da actual [[provincia de Burgos]]) con [[Substrato éuscaro nas linguas romances|influencia vasca]] e [[Visigodos|visigótica]].
 
Os textos conservados máis antigos con trazos e palabras que se poden considerar precursoras do castelán son os documentos escritos en latín coñecidos como [[Cartularios de Valpuesta]]<ref>[http://www.20minutos.es/noticia/596161/0/palabras/antiguas/espanol "Descubren que las palabras más antiguas escritas en Español son del siglo IX"], artigo en ''20 minutos'', 27 de decembro de 2009{{es}}.</ref>, conservados na igrexa de Santa María de [[Valpuesta]]<ref>[http://es.noticias.yahoo.com/9/20091227/ten-estudio-del-ilcyl-confirma-a-los-car-bbad18b.html "Estudio del [[ILCYL]] confirma a los Cartularios de Valpuesta como el español más antiguo"],artigo en ''Yahoo'', 27 de decembro de 2009 {{es}}.</ref>. Estas copias de documentos son de diversas épocas, sendo os máis antigos do século IX<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/07/castillayleon/1289123856.html «La RAE avala que Burgos acoge las primeras palabras escritas en castellano»], artigo de Miguel A. Vergaz en ''El Mundo'', 7 de novembro de 2010 {{es}}.</ref>. As [[Glosas Emilianenses]] de finais do século X ou comezos do XI, conservadas no [[Mosteiro de Yuso]] ([[San Millán de la Cogolla]]) fueronforon consideradas por [[Ramón Menéndez Pidal]] como a testemuña máis antiga da lingua castelán, mais posteriormente demostrouse que as formas escritas neses documentos corresponden ao romance navarro-aragonés<ref>Wolf y Ruhstaller (1996: 109-112) amosan que as glosas non poden ser casteláns nin rioxanas, e que os trazos que presentan corresponden á área navarro-aragonesa.</ref>.
 
Un momento decisivo no afianzamento do castelán tivo lugar durante o reinado de [[Afonso X o Sabio]] (1252-1284)<ref>''[http://books.google.com.mx/books?id=7Vk_6ZW-mucC&pg=PA321&dq=Alfonso+X+espa%C3%B1ol+culto&lr=#v=onepage&q=Alfonso%20X%20espa%C3%B1ol%20culto&f=false España: reflexiones sobre el ser de España]'', p. 321. [[Real Academia de la Historia]]. Madrid, 1998 ISBN 84-89512-04-3 {{es}}.</ref><ref>[[Carlos Alvar|Alvar, Carlos]]; Lucía Megías, José Manuel (2002) ''[http://books.google.com.mx/books?id=QMecWGS5Mz4C&pg=PA1019&dq=afianzamiento+castellano+Alfonso+X&lr=#v=onepage&q=afianzamiento%20castellano%20Alfonso%20X&f=false Diccionario filológico de literatura medieval española]'' volumen 21, p.1019 Madrid, ed.Castalia ISBN 978-84-9740-018-6 {{es}}.</ref>. Por aquel entón os [[cantares de xesta]] acadaran popularidade porque estaban escritos no romance vulgar, mais as obras cultas e literarias producidas na Corte eran redactadas en latín, única lingua culta da Europa cristiá nesa época. Por isto, resultou unha verdadeira revolución cultural que o rei Afonso X decidise dirixir un bo número de obras de elevada cultura redactadas en romance castelán, un idioma até entón desairado polas persoas letradas por consideralo demasiado prosaico. Isto deu pé ao recoñecemento oficial do castelán<ref>Obediente, Enrique (2007) ''[http://books.google.com.mx/books?id=Z5wQUpVS6_sC&pg=PA244&dq=castellano+alfonso+x+lat%C3%ADn#v=onepage&q=castellano%20alfonso%20x%20lat%C3%ADn&f=false Biografía de una lengua: nacimiento, desarrollo y expansión del español]'' p.244-248 Mérida, Venezuela, Universidad de Los Andes ed. Editorial Venezolana C.A. ISBN 978-980-11-1026-2 {{es}}.</ref>.
A gran maioría dos castelanfalantes, uns 375 millóns de persoas, viven en [[Hispanoamérica]]. [[México]] é o país co maior número de falantes (case unha cuarta parte do total de castelanfalantes do mundo), aínda que non é a única lingua oficial do estado, xa que desde 2003 México recoñece como idiomas tamén oficiais as linguas indíxenas<ref>Artigo 4.° da [[Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas]].</ref>.
 
É unha das linguas oficiais da [[Arxentina]], [[Bolivia]]<ref>[http://web.archive.org/web/20080724082946/http://www.cna.gov.co/cont/documentos/legislacion/constitucion.pdf Constitución de Bolivia de 2009]. título I, capítulo 1.º, artigo 5, paráágrafo 1: cooficial con «todos los idiomas de las naciones y pueblos indígenas campesinos autóctonos, que son el [[lingua aimará|aimará]], araona, bauré, bésiro, canichana, cavineño, cayubaba, chácobo, chimán, ese ejja, [[lingua guaraní|guaraní]], guarasu’we, guarayu, itonama, leco, machajuyaikallawaya, machineri, maropa, mojeño-trinitario, mojeño-ignaciano, moré, mosetén, movima, pacawara, puquina, [[linguas quechuas|quechua]], sirionó, tacana, tapieté, toromona, uru-chipaya, weenhayek, yaminawa, yuki, yuracaré y zamuco») {{es}}.</ref>, [[Colombia]]<ref>[http://www.secretariasenado.gov.co/leyes/CONS_P91.HTM Constitución de 1991]: (xunto coas linguas e dialectos dos grupos étnicos nos seus territorios.</ref>, [[Costa Rica]]<ref>[http://web.archive.org/web/20010318031958/http://www.nacion.com/ln_ee/ESPECIALES/constitucion/docu2.html].</ref>, [[Cuba]]<ref>[http://www.cuba.cu/gobierno/cuba.htm].</ref>, [[Ecuador]]<ref>Segundo a [http://www.tribunalconstitucional.gov.ec/documentos/449_20081020.pdf Constitución de 2008], título I, artigo 2: «El castellano es el idioma oficial del Ecuador; el castellano, el kichwa y el shuar son idiomas oficiales de relación intercultural. Los demás idiomas ancestrales son de uso oficial para los pueblos indígenas en las zonas donde habitan y en los términos que fija la ley. El Estado respetará y estimulará su conservación y uso».</ref>, [[El Salvador]]<ref>[http://www.acnur.org/biblioteca/pdf/6288.pdf].</ref>, [[Guatemala]]<ref>[http://web.archive.org/web/20071122160300/http://www.mspas.gob.gt/menu/marco_legal/constitution_guatemala.pdf].</ref>, [[Honduras]]<ref>[http://www.honduras.net/honduras_constitution.html].</ref>, [[Nicaragua]]<ref>Constitución, título II, artículo 12.</ref>, [[Panamá]]<ref>[http://www.asamblea.gob.pa/asamblea/constitucion/].</ref>, [[Paraguai]] (cooficial co [[lingua guaraní|guaraní]]<ref>[http://www.dpi.bioetica.org/py1.htm] e [http://www.ethnologue.com/show_country.asp?name=PY Ethnologue - Paraguay(2000)]. O guaraní é tamén o idioma máis falado en Paraguai por número de falantes nativos.</ref>), [[Perú]]<ref>[http://www.tc.gob.pe/legconperu/constitucion.html].</ref> (cooficial co [[linguas quechuas|quechua]], [[lingua aimará|aimará]] e demais linguas nativas onde predominen), [[República Dominicana]]<ref>http://www.comparativeconstitutionsproject.org/files/Dominican%20Republic_2010.pdf</ref> e [[Venezuela]]<ref>A [http://www.constitucion.ve/constitucion.pdf Constitución de Venezuela] di que «Los idiomas indígenas también son de uso oficial para los pueblos indígenas y deben ser respetados en todo el territorio de la República, por constituir patrimonio cultural de la Nación y de la humanidad»</ref>. Non ten recoñecemento de lingua oficial noutros países americanos onde é lingua falada e maioritaria, como en [[Chile]]<ref>[http://web.archive.org/web/20050515132207/http://www.camara.cl/legis/constitucion/contitucion_politica.pdf]</ref>, [[PuertoPorto Rico]] e [[Uruguai]]<ref>[http://www.dpi.bioetica.org/uy1.htm Constitución Política de la República Oriental del Uruguay de 1967]</ref>. En [[PuertoPorto Rico]], segundo os sucesivos plebiscitos do status político do país, que se sumaban ao establecido pola Constitución de 1952, estableceuse que «es la garantía permanente de ciudadanía estadounidense, nuestros dos idiomas, himnos y banderas»<ref>[http://premium.caribe.net/~amvr/const_pr_sp.html] e [http://web.archive.org/web/20080605051038/http://www.ceepur.org/sobreCee/leyElectoral/pdf/Los%20Plebiscitos%20sobre%20el%20Status%20Politico%20de%20Puerto%20Rico%20de%201967,%201993%20y%201998.pdf].</ref>.
 
===== O castelán en países onde non é oficial =====
1.348

edicións