Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Baixo o reinado de [[Luís Filipe I de Francia|Luís Filipe]], a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.
 
Con [[Napoleón III]] a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao [[Barón Haussmann]] para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha gran parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a [[Ópera Garnier]]. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros importantes adiantos en obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército na [[guerra franco-prusiana]].
 
Durante a segunda metade do [[século XIX]], París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en [[1889]] con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a [[Torre Eiffel]], que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).
En [[1940]] a cidade foi tomada polo [[Wehrmacht]] (exército alemán) de [[Adolf Hitler]] no marco da [[Segunda Guerra Mundial]]. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.
 
Baixo a administración do segundo presidente [[François Mitterrand]], na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a [[Villette]]; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o [[Arco de La Défense|arcoArco da Defensa]] e o [[Museo de Orsay]]; renovándose tamén dun xeito radical o [[Museo do Louvre]].
 
== Demografía ==
1.287

edicións