Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
Os terpenos das plantas son moi utilizados polas súas cualidades aromáticas (esencias de eucalipto, menta, limón, xeranio...) e na medicina tradicional, e estanse a investigar os seus posibles efectos antibacterianos e outros usos farmacéuticos.
 
A formación de terpenos en plantas, animais e microorganismos realízana encimas moi similares, pero hai importantes diferenzas nos procesos. En particular, as plantas producen unha variedade moitísimo maior ca os animais ou os microbios, e esta diferenza reflíctese na complexa organización da [[biosíntese]] dos terpenos das plantas a nivel tisular, celular, subcelular, e xenético. A biosíntese dos terpenos está compartimentalizada, como tamén o está a formación do seu precursor o pirofosfato de isopentenilo. A produción de grandes cantidades de terpenos así como a súa acumulación, emisión ou secreción está case sempre asociada coa presenza de estruturas moi especializadas anatomicamente. Por exemplo os [[tricoma]]s glandulares e as cavidades secretoras das follas, e a [[epiderme (plantas)|epiderme]] glandular dos pétalos xeran e almacenan ou emiten terpenos que son aceites esenciais importantes para a polinización por insectos. Os condutos e ampolas de resina das coníferas producen e acumulan unha [[resina]] defensiva consistente en augarrás (olefinas[[olefina]]s monoterpénicas) e rosina (ácidos resinosos diterpénicos). As ceras superficiais triterpénicas son formadas e excretadas por unha epiderme especialiada, e os laticíferos producen certos triterpenos e politerpenos como o caucho. Estas estruturas especializadas secuestran aos metabolitos secundarios lonxe dos procesos metabólicos sensibles e así preveñen a autotoxicidade. Moitas estruturas deste tipo son non fotosintéticas e, por tanto, dependen de células adxacentes para fornecerse do carbono e a enerxía necesarios para biosintetizar os terpenos.
 
== Clasificación ==