Árabe exipcio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
O '''árabe exipcio''' é unha variedade da [[lingua árabe]] usado en Exipto que ten influencias doutros idiomas próximos. A constitución exipcia recoñece o idioma árabe como a [[lingua oficial]] de Exipto, sendo falado por case a totalidade dos seus máis de 80 millóns de habitantes.<ref>{{cita web |url=http://www.mediterraneosur.es/fondo/egipcio.html |título=Árabe Egipcio |dataacceso= 30 de abril de 2015 |lingua= español }}</ref>
 
Todos os dialectos árabes coloquiais normalmente só son transmitidos oralmente, sen deixar nada escrito, mais a gran vitalidade do exipcio fai que sexa unha das que máis escritos posúe, especialmente de poesía e teatro. Grazas aos medios audiovisuais modernos, o árabe exipcio é a variedade de [[Lingua árabe|árabe]] máis coñecido do mundo islámico xa que é comprendido, en gran medida, nos países pertencentes ao [[mundo árabe]] oriental (Máshreq en árabe), e aínda que ten diferenzas con outros dialectos do [[Maghreb|Magreb]], tamén é xeralmente comprendido.
 
A [[gramática]] do exipcio, como a de todos os dialectos árabes coloquiais, está simplificada en comparación co árabe clásico. Por exemplo, a maioría das vogais de unión omítense, e as formas nominais e verbais do dual substitúense con frecuencia polo plural. En [[fonoloxía]], cinco consoantes cambian a súa pronunciación no exipcio: o ''dhal'' soa como dal, ''zha'' como dad, ''yim'' como o g de gato, ''qaf'' como o ''hamza'' (ʔ), e ''tha'' como ta (véxase [[alfabeto árabe]]).