Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[fenicios]].
 
Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. A repartición do antigo [[Reino Visigodo]], que se fai entre [[árabes]], [[Siria|sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[MaghrebMagreb]] máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o [[cristianismo]] faise un trazo diferenciador que dá forzas á [[reconquista]].
 
Galicia, ao igual ca outros territorios da [[Península Ibérica]], tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade [[xudeu|xudía]], principalmente na zona de [[Ribadavia]] e [[Ourense]]. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as [[Illas Británicas]] e dende o centro de Europa, grazas ao [[Camiño de Santiago]].
194.382

edicións