Diferenzas entre revisións de «Alpes»

sen resumo de edición
 
== Orixe ==
A formación desta cordilleira é complexa, produto dunha serie de [[Tectónica de placas|movementos tectónicos]] producidos durante o [[Mesozoico]] ([[era Secundaria]], 245 a 65 millóns de anos) e o [[Cenozoico]] (na súa primeira parte, da [[era Terciaria]]), que abarcaron desde o [[MaghrebMagreb]] ata os [[montes Urais|Urais]]. A existencia de grandes fosos mariños nestas rexións e a súa posterior pechadura debida á converxencia das placas continentais africana e europea provocou enormes pregamentos, en sentido norte e oeste primeiro, e despois en sentido sur e leste.
 
Estes [[pregamento]]s foron a causa de que as placas sedimentarias de superficie fosen desprazadas nas mesmas direccións que os pregamentos. Aínda así, en tempos posteriores aos movementos de compresión, déronse pregamentos de extensión, por flexión das zonas levantadas, cousa que deu lugar á difícil orografía actual dos Alpes.
244.543

edicións