Comarca da Terra de Soneira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío
Liña 12:
|xentilicio =
}}
A '''comarca da Terra de Soneira''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada na [[provincia da Coruña]] cuxa capital é [[Vimianzo]]. A esta comarca pertencen os concellos de [[Camariñas]], [[Vimianzo]] e [[Zas]]. Limita coa [[comarca de Bergantiños]] polo nordés e coa de [[Comarca de Fisterra|Fisterra]] polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de [[Laxe]] e varias parroquias de [[Cabanas]].<ref name=”Lema”/>
 
== Etimoloxía ==
[[Ficheiro: Carta geométrica de Galicia 1834 facsímil 1974 hoja 06.jpg|esquerda|miniatura|Folla da ''[[Carta xeométrica de Galicia]]'' de [[Domingo Fontán]] co topónimo Terra de Soneira]]
O topónimo Soneira aparece recollido en textos medievais como ''Somnaria'', ''Sonaria'' ou ''Subnaria''. Existen dúas teorías sobre a [[etimoloxía]] do topónimo. O estudoso [[Fernando Cabeza Quiles]] faino derivar de ''Seminaria'', que se le nun documento do século IX. Outros autores inclínanse pola expresión ''Sub Neria'', por estar situada na parte baixa da comarca poboada polos [[nerios]].<ref>{{cita libro|título=A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV)|editorial=Universidade de Santiago de Compostela|nome=Paulo|apelidos=Martínez Lema|data=2010|url=https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/10347/2870/1/9788498875782_content.pdf|dataacceso=24-6-2017}}</ref><ref name=”Lema”>{{cita libro|título=A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte|nome1=Xosé Mª|apelidos1=Lema Suárez|nome2=Evaristo|apelidos2=Domínguez Rial|nome3=Xan|apelidos3=Fernández Carrera|nome4=Roberto|apelidos4=Mouzo Lavandeira|nome5=Xosé Mª|apelidos5=Rei Lema|editorial=Xerais|data=2010|isbn=978-84-9914-163-3|ligazón-autor1=Xosé María Lema Suárez}}</ref>
 
== Economía ==
O sector agrario é a principal actividade económica dos concellos de Vimianzo e Zas. En Camariñas son importantes a [[pesca]] e o [[marisqueo]], destacando os portos de [[Camariñas, Camariñas, Camariñas|Camariñas]] e [[Camelle, Camelle, Camariñas|Camelle]].<ref name=”Lema”/>
 
A industria está reducida a empresas situadas nos polígonos industriais de [[Parque empresarial de Vimianzo|Vimianzo]] e [[polígono industrial do Allo|O Allo]]. O sector servizos ten presenza nas vilas da comarca, Vimianzo, Baio, A Ponte do Porto e Camariñas.<ref name=”Lema”/>
 
== Comunicacións ==
A comarca atópase comunicada coa [[A Coruña|Coruña]] a través da [[AG-55|autoestrada da Costa da Morte]] e a [[AC-552]], que atravesa Baio e Vimianzo e que coincide co camiño real que se recolle na ''[[Carta xeométrica de Galicia]]''. A comunicación con [[Santiago de Compostela]] realízase a través das estradas [[AC-545]] e [[AC-443]].<ref name=”Lema”/>
 
No primeiro terzo do século XX chegouse a aprobar un proxecto ferroviario que uniría A Coruña, [[Carballo]] e [[Cee]], que contou con defensores como [[Plácido Castro Rivas]] e [[José Miñones]] e que nunca se realizou.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2013/10/13/siglo-detras-tren-3-c/0003_201310C13C12991.htm Un siglo detrás del tren de las «3 C»]</ref>
 
== Poboación ==
Liña 39 ⟶ 53:
Ficheiro:Comarca da Terra de Soneira.png
</gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ConcellosTerradeSoneira}}