Lope de Vega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Mocidade: arranxiño
→‎Mocidade: texto traducido desde a wiki .es:Lope_de_Vega#Juventud
Liña 50:
[[Ficheiro:Francisco pacheco-lope de vega.jpg|miniatura|Lope de Vega por [[Francisco Pacheco]]. ''Libro de descripción de verdaderos retratos de ilustres y memorables varones'', Madrid, [[Museo Lázaro Galdiano|Biblioteca da Fundación Lázaro Galdiano]].]]
Lope de Vega Carpio, procedente dunha familia humilde natural do [[Villacarriedo|Val de Carriedo, comarca do Pas-Miera]], en [[Cantabria]], foi fillo de Félix de Vega, bordador de profesión, e de Francisca Fernández Flórez. Non hai datos precisos sobre a súa nai. Sábese, en cambio, que tras unha breve estancia en Valladolid, o seu pai mudouse a Madrid en [[1561]], atraído quizais polas posibilidades da recentemente estreada capitalidade da Vila e Corte. Con todo, Lope de Vega afirmaría máis tarde que o seu pai chegou a Madrid por unha aventura amorosa da que lle rescataría a súa futura nai. Así, o escritor sería froito da reconciliación, e debería a súa existencia aos mesmos celos que tanto analizaría na súa obra dramática.
 
Neno moi precoz, lía latín e castelán xa aos cinco anos. Á mesma idade compón versos. Sempre de acordo co seu testemuño, aos doce escribe comedias (''Yo las componía de once y doce años / de a cuatro actos y de a cuatro pliegos / porque cada acto un pliego contenía''). É posible que a súa primeira comedia fose, como o mesmo Lope afirmaría na dedicatoria da obra ao seu fillo Lope, ''El verdadero amante'', aínda que probablemente o texto que hoxe coñecemos desta comedia sufriu modificacións posteriores á data da primeira redacción. O seu gran talento levao á escola do poeta e músico [[Vicente Espinel]], en Madrid, a quen sempre citou con veneración (dedicoulle a súa comedia ''El caballero de Illescas'', ''c''. 1602). Así o soneto: ''Aquesta pluma, célebre maestro'' / ''que me pusisteis en las manos, cuando'' / ''los primeros caracteres firmando'' / ''estaba, temeroso y poco diestro''... Continúa a súa formación no estudo da [[Compañía de Xesús]], que máis tarde se converte no [[Colegio Imperial de Madrid]] ([[1574]]):
 
{{cita|Los cartapacios de las liciones me servían de borradores para mis pensamientos, y muchas veces las escribía en versos latinos o castellanos. Comencé a juntar libros de todas letras y lenguas, que después de los principios de la griega y ejercicio grande de la latina, supe bien la toscana, y de la francesa tuve noticia... (''La Dorotea'', IV).}}
 
Cursa despois catro anos ([[1577]]-[[1581]]) no [[Colexio dos Manriques]] da [[Universidade de Alcalá (histórica)|Universidade de Alcalá]], pero non logra ningún título. Quizá a súa conduta desordenada e mullereira o fai pouco apto para o [[Sacerdote|sacerdocio]]. Os seus altos protectores deixan de custearlle os estudos. Así, Lope non consegue o grao de bacharel e para gañarse a vida ten que traballar como secretario de aristócratas e prohomes, ou escribindo comedias e pezas de circunstancias. En [[1583]] alístase na [[Armada Española|mariña]] e pelexa na [[batalla da Illa Terceira]] ás ordes do seu futuro amigo don [[Álvaro de Bazán]], [[Marquesado de Santa Cruz de Mudela|marqués de Santa Cruz]]. Tempo despois dedicaría unha comedia ao fillo do marqués.
 
== Lista de obras<ref>Trátase dunha listaxe incompleta</ref> ==