Diferenzas entre revisións de «Alisio»

ligazón
(Cara a.)
(ligazón)
[[Ficheiro:Earth Global Circulation.jpg|miniatura|350px|Circulación xeral na atmosfera terrestre. A [[célula de Hadley]] subtropical, a célula de Ferrell e a célula polar. Os '''ventos alisios''' proveñen das latitudes subtropicais, sopran en dirección ó ecuador e son desviados cara ao oeste polo efecto da rotación terrestre.]]
Os '''alisios''' son [[vento]]s que percorren a franxa ecuatorial e sopran de maneira relativamente constante no [[verán]] e algo menos no [[inverno]], en dirección de NE a SO no [[hemisferio norte]], e de SE a NO no [[hemisferio sur]].
 
Circulan entre os [[trópico]]s, dende os 30-35º de latitude cara ao [[ecuador]]. Diríxense dende as altas presións subtropicais, cara ás baixas presións ecuatoriais. O movemento de [[rotación da Terra]] desvía aos Alisios cara ao [[oeste]], e por iso sopran do nordés ao suroeste no hemisferio norte e do sueste cara ao noroeste no hemisferio sur. As épocas nas que os alisios sopran con menor intensidade constituían un perigo para os primeiros viaxes de [[veleiro]]s cara ao continente americano formándose épocas de calma do vento que impedían avanzar aos veleiros.
 
No ecuador prodúcese un ascenso masivo do aire quente, orixinando unha zona de [[baixas presión]]s que ven sendo ocupada por outra masa de aire que proporcionan os alisios. As masas de aire quente que ascenden, vanse arrefriando paulatinamente e diríxense a bastante altura en sentido contrario aos alisios, cara ás latitudes subtropicais, de onde proceden estes. Os ventos alisios forman parte da [[CélulasCélula de Hadley|circulación de Hadley]] que transporta a calor dende as zonas ecuatoriais ata as subtropicais substituíndo o aire quente por aire máis frío das latitudes superiores. A rotación terrestre é a que produce a desviación cara a poñente destes ventos, desviación que se coñece como a forza ou [[efecto de Coriolis]], cuxo nome procede de [[Gaspard Coriolis]], un científico francés que describiu os mecanismos deste proceso.
 
== Véxase tamén ==
191.683

edicións