Estrato (xeoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
En [[xeoloxía]] chámase '''estrato''' a cada unha das capas en que se presentan divididos os [[sedimento]]s, as [[rocha sedimentaria|rochas sedimentarias]], as [[Piroclasto|rochas piroclásticas]] e as [[rocha metamórfica|rochas metamórficas]] cando esas capas se deben ao proceso de [[sedimentación]]. Aa rama da xeoloxía que estuda os estratos recibe o nome de [[estratigrafía]].
 
Hai que ter en conta que outros fenómenos xeolóxicos distintos poden dar orixe a capas, que entón non se chamarán estratos. É o caso, por exemplo, das laxes que se forman durante o [[metamorfismo]] cando grandes presións afectan as rochas, orixinando cortes perpendiculares á forza de compresión. Por último, as [[Intrusión (xeoloxía)|intrusións ígneas]] poden formar [[dique (xeoloxía)|diques]] ou capas interestratificadas que aparecen como se fosen un estrato máis, aínda que outras veces os diques poden ter forma lenticular cando forman un manto ou [[sill]] e que, cando son bastante empenados denomínanse [[lacolitolacólito]]s.
 
== Estratificación ==