Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *sobrevivinte
Liña 86:
Durante os primeiros anos da era viquinga en Escandinavia, Ystad en [[Escania]] e Paviken en [[Gotland]], foron grandes centros do comercio daquela época. Existen ruínas do que se pensa era un gran mercado en Ystad, que data de entre os anos [[600]] e [[700]]. En Paviken, un importante centro de comercio da rexión Báltica durante os [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]], atopáronse restos dun gran peirao da era viquinga con talleres de construción de barcos e industrias artesanais. Entre os anos [[800]] e [[1000]], o comercio levou unha abundancia de prata a Gotland e de acordo a varios especialistas, os guter daquela época tiñan máis prata que todo o resto da poboación de [[Escandinavia]] xunta. San Óscar introduciu o [[cristianismo]] no ano [[829]], mais a nova relixión non comezou a substituír as crenzas tradicionais senón até o [[século XII]]. Durante o [[século XI]], o cristianismo converteuse na relixión predominante, e cara o ano [[1050]] Suecia era contada como unha nación cristiá. O período entre [[1100]] e [[1400]] estivo caracterizado por loitas internas polo poder e a competencia entre os reinos nórdicos. Os reis suecos tamén comezaron a expandir o seu territorio cara [[Finlandia]], creando conflitos cos [[pobo rus'|rus]], que xa non tiñan ningunha conexión con Suecia para ese momento.
 
No [[século XIV]], Suecia foi afectada pola [[peste negra]] ([[peste bubónica]]). Durante este período as cidades suecas tamén comezaron a adquirir mellores dereitos e foron fortemente influenciadas polos mercadores alemáns da [[Liga Hanseática]], activos especialmente en Visby. En [[1319]], Suecia e [[Noruega]] foron unidos polo rei [[Magnus Eriksson]] e en [[1397]] a raíña [[Margarida I de Dinamarca]] efectuou unha unión persoal de Suecia, Noruega e [[Dinamarca]], nacendo así a [[Unión de Kalmar]]. Con todo, os sucesores de Margarita, cuxo poder só estaba situado en Dinamarca, non podían controlar á nobreza sueca. O poder real tíñano por longos períodos de tempo, rexentes elixidos polo parlamento sueco. O rei Christian II de Dinamarca, quen fixo valer a súa condición a Suecia por medio das armas, ordenou unha masacre da nobreza sueca en [[Estocolmo]]. A matanza foi coñecida como o "Baño de sangue de Estocolmo" e incitou á nobreza sueca a formar unha nova resistencia e, o [[6 de xuño]], hoxe a festa nacional de Suecia, de [[1523]], nomearon a [[Gustavo I de Suecia]] como o seu rei. Este feito a miúdo é considerado como a fundación do estado moderno de Suecia. Pouco despois, Gustavo I rexeitou o [[catolicismo]] e introduciu a Suecia á [[Reforma Protestanteprotestante]]. Por estes acontecementos Gustavo I é considerado como o "Pai da Nación".
 
=== Imperio Sueco ===