Antisemitismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Libelo de sangue: arranxiños
→‎Libelo de sangue: poño referencia
Liña 49:
#O resultado era a expulsión de toda a comunidade xudía desa comarca, ou directamente o seu exterminio.
 
Este mito estivo tan arraigado na cultura relixiosa española, que é moi fácil seguir o seu rastro a través de numerosas igrexas que homenaxean a nenos supostamente vítimas dos xudeus. A literatura ofrece tamén numerosas mostras: desde o ''El niño inocente de La Guardia'', de [[Lope de Vega]] ata ''ALa rosaRosa de paixónPasión'' (1864) de [[Gustavo Adolfo Bécquer|Bécquer]], ambos sobre o [[Santo Neno de La Guardia|santo neno mártir de La Guardia]], o libelo de sangue que precedeu á [[edicto de Selecta|expulsión dos xudeus de 1492]].<ref>{{Cita web|url=http://www.materialesdehistoria.org/guardia_cast.htm |título=Un crimen sin cadáver: el Santo Niño de la Guardia |autor= José María Perceval |editor= Historia |número=202 |páxinas=44-58 |data=febreiro 1993 |dataacceso =24 de xuño do 2017 |lingua=es}}</ref>
 
Outro mito relacionado co libelo de sangue é o da «profanación da hostia», que consistía en acusar aos xudeus de roubar as [[hostia]]s da sancristía co fin de «atormentalas» e reeditar o sufrimento da paixón e o [[deicidio]]. Normalmente tiña igualmente consecuencias nefastas para os xudeus en forma de persecucións e matanzas. Un exemplo é a celebración en Segovia dunha suposta profanación en 1415 que, seica, provocou un terremoto e que se saldou coa confiscación da sinagoga e a execución dos rabinos.