Lingua escocesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Andalcant (conversa | contribucións)
Liña 56:
O letra ''h'', utilizada agora sobre todo para indicar a [[lenición]] dunha [[consoante]], non se empregaba na [[ortografía]] antiga, xa que a lenición se indicaba cun punto sobre a consoante. As letras do alfabeto recibían nomes tradicionais segundo árbores: ''ailm'' ([[olmo]]), ''beith'' ([[bidueiro]]), ''coll'' ([[abeleira]]), ''dair'' ([[carballo (árbore)|carballo]]) etc., aínda que xa non se fai así.
 
A calidade das consoantes indícase en parte coas [[vogal|vogais]] que as arrodean. As vogais clasifícanse como ''caol'' ("delgadas", ou sexa, ''e'' e ''i'') ou ''leathann'' ("anchas", ou sexa, ''a'', ''o'' e ''u''). A regra ortográfica é ''caol ri caol is leathann ri leathann'' ("delgada a delgada e ancha a ancha"). As consoantes delgadas [[palatalización|palatalízanse]], encantoen canto que as anchas [[velarización|velarízanse]]. Debido a esta regra ortográfica, un grupo consonántico interior débese rodear de vogais da mesma calidade para indicar a súa pronunciaciónpronuncia sen ambigüidade, dado que algunhas consoantes mudan a súa pronunciaciónpronuncia dependendo de se rodean con vogais anchas ou delgadas. Por exemplo, o ''t'' de ''slàinte'' ([slaːntʃə]) co ''t'' de ''bàta'' ([paːtə]). Esta regra non afecta a pronunciaciónpronuncia das vogais. Por exemplo, os plurais en gaélico fórmanse habitualmente co sufixo ''an'': ''bròg'', [proːk] ("zapato")/''brògan'', [proːkən] (zapatos). Mais, debido á regra ortográfico, o sufixo escríbese ''-ean'' (aínda que pronunciado igual) após unha consoante delgada, como en ''taigh'', [tʰɤj] ("casa")/''taighean'', [tʰɤjən] ("casas").
 
A partir de [[1976]], a Comisión de Exames de Escocia introduciu determinadas modificacións a esta regra. Por exemplo, o sufixo do [[participio de pasado]] sempre se escribe ''-te'', mesmo após unha consoante ancha, como en ''togte'' ("elevado"), e non o tradicional ''togta''. Cando coinciden pares de vogais, non sempre está claro que vogal se debe pronunciar e cal se introduciu para satisfacer esta regra ortográfica.