Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Andalcant (conversa | contribucións)
Liña 81:
O irlandés do [[Condado de Meath]] é un caso especial. Pertence ao dialecto de Connemara, dado que a comunidade de fala irlandesa de Meath é simplemente un grupo de falantes de Connemara que migraron na década de [[1930]] a resultas dunha reforma agraria dirixida por [[Máirtín Ó Cadhain]], máis tarde un dos maiores escritores modernistas en irlandés.
 
Nas áreas fóra do Gaeltacht tradicional, nas que o irlandés patrónpadrón se aprende na escola, este converteuse no "dialecto" dos estudantes. Tamén ten aparecido o "irlandés de Dublín" ou "Gaelscoil Irish", un irlandés moi influenciado polo inglés. Os [[modismos]] ingleses tradúcense directamente (p.ex. ''Tabhair suas'', "abandonar", de "give up", cando existe ''Lig''). A gramática inglesa tamén se utiliza directamente ás veces. Con frecuencia, cando un falante non coñece unha palabra, utiliza a inglesa, afixándolle ás veces "-áil", unha terminación para nomes deverbais. Porén, ao engadírselle a unha palabra inglesa, esta convértese na raíz: p.ex. ''vótáil'' ("votar"). Utilízanse moitas palabras e expresións "Béarlachas" ("castrapo"). Tamén se utilizan as interxeccións inglesas e americanas, como ''like'', ''man'', ''so'' etc.
 
Quen estuda no leste de Irlanda tende a pronunciar as palabras irlandesas á inglesa e non na maneira tradicional gaélica.