Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Andalcant (conversa | contribucións)
Liña 63:
O dialecto máis forte do irlandés de Connacht é o de [[Connemara]] e as [[Oileáin Árann]]. En certos aspectos, este dialecto é bastante diferente do irlandés xeral de Connacht, mais dado que a maioría dos dialectos de Connacht desapareceron durante o século pasado, o irlandés de Connemara se identifica actualmente co irlandés de Connact. Moito máis preto do irlandés tradicional de Connacht é o dialecto, moi ameazado, que se fala na rexión fronteiriza entre Galway e Mayo. O irlandés de [[Tourmakeady]], no sur de Mayo e o País de [[Joyce]], considéranse os dialectos vivos máis próximos do irlandés medieval. Tamén, os dialectos do norte de Mayo de [[Erris]] e [[Achill]] son, gramaticalmente e morfoloxicamente, esencialmente dialectos de Connacht, se ben mostran afinidade léxica co irlandés do Ulster, debido á inmigración masiva que seguiu á [[Plantación do Ulster]].
 
O irlandés de Connemara é moi popular entre os estudantes, grazas ao manual de auto-aprendizaxe de [[Mícheál Ó Siadhail]]. Porén, certos trazos fican forafóra do padrón oficial, en particular a terminación dos nomes deverbais en -achan, como ''lagachan'' en vez de ''lagú'', "debilitamento". A pronuncia non padrón, con vogais alongadas e terminacións moi reducidas, dálle ao irlandés de Connemara o seu sotaqueacento distintivo.
 
Os trazos distintivos deste dialecto inclúen a pronuncia de ''bh'' como ''w'', en vez de como ''v'', como noutras partes do país. Por exemplo ''Ní raibh'' pronúnciase "Ni raow" en Connacht e "Ni rev" no resto. Ademais, os falantes de Connacht tenden a colocar o pronome "nós" despois do verbo en vez de co verbo mesmo. Por exemplo, "Bhí muid", "nós somos", en vez de ''Bhíomar''. Resulta unha construción moito máis fácil con calquera verbo para a forma "nós" que é a que se ensina habitualmente nas escolas.