Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Andalcant (conversa | contribucións)
Liña 32:
O irlandés recoñécese na Constitución de Irlanda como primeira lingua oficial da República, co [[lingua inglesa|inglés]] como segunda lingua oficial, a pesar do seu reducido número de falantes na actualidade. Desde a fundación do Estado na década de [[1920]] ([[Estado Libre Irlandés]]), o Goberno de Irlanda requiría o coñecemento do irlandés para calquera posto como [[funcionario]] ou empregado de compañías estatais, mais este requisito eliminouse en [[1974]], debido en parte á actividade de organizacións como o Movemento pola Liberdade de Lingua. A pesar de que xa non se esixe para traballar na administración, o irlandés continúa a ser materia de ensino obrigado en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos. En [[2005]] eliminouse o requisito de ter un certificado para entrar na [[Gardaí]] (policía), aínda que os que entran deben cursar dous anos. A maioría dos documentos oficiais do Goberno de Irlanda publícanse tanto en irlandés como en inglés. Na Universidade de [[Galway]] é obrigatorio coñecer irlandés para impartir docencia.
 
A lingua irlandesa é materia obrigatoria na República de Irlanda e é así dende a independencia. Aínda que moitos estudantes aprenden ben o irlandés a través do sistema escolar do país e desenvolven un saudable respecto cara el, moitos outros atópano difícil ou mestres desmotivados ensínaselle-loensínanllelo mal; a actitude destes estudantes cara o gaélico irlandés están entre a apatía e a hostilidade. En concreto, para os anglófonos o gaélico irlandés é máis difícil que o [[lingua castelá|castelán]] ou o [[lingua alemá|alemán]]. A sintaxe, morfoloxía e vocabulario difiren máis do [[Lingua inglesa|inglés]] que moitas outras linguas europeas; isto fai que a súa aprendizaxe supoña un reto para moitos. O goberno irlandés esforzouse en corrixir a situación facendo de novo o currículo de educación primaria para enfoca-loenfocalo no gaélico irlandés falado. Non obstante, en secundaria pódese dicir que o gaélico irlandés ensínase aínda "academicamente". Os estudantes deben escribir longos ensaios, debates e historias en gaélico irlandés para o exame do título de secundaria.
 
Recentemente discutiuse a abolición da obrigatoriedade do irlandés, e mentres que algúns irlandeses están a favor, moitos non. En [[2005]] Enda Kenny, caudillo do principal partido da oposición, o [[Fine Gael]], pediu que fose materia optativa nos dous últimos anos de secundaria, o que atraeu críticas dende moitos sectores, aínda que hai quen o secundou. Kenny, a pesar de ser un falante fluído, dixo que cría que o gaélico irlandés obrigatorio fixera máis mal que ben á lingua.