Nó sinusal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios +cda
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ref
Liña 34:
}}
 
O '''nó sinusal''', ou '''nó sinoauricular''',<ref>[http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/medico.pdf Diccionario galego de termos médicos]</ref> (abreviado SA), tamén chamado '''nó sinoatrial''' ou '''de Keith e Flack''', é unha das estruturas que compón o [[sistema de condución do corazón]]; recibe o nome común de «marcapasos do corazón». Polo xeral, é onde se orixina o impulso eléctrico que da orixe ao latexo cardíaco. Atópase na parede posterolateral superior da [[aurícula dereita]], xusto debaixo da desembocadura da [[vea cava superior]]. É unha estrutura fusiforme dende o punto de vista morfolóxico, cun tamaño proporcional ao tamaño do [[corazón]], o cal varía entre os 5&nbsp;mm e os 30&nbsp;mm, cunha media de 15&nbsp;mm de extensión por 5&nbsp;mm de grosor, variando de 1,5&nbsp;mm a 5&nbsp;mm.
 
Histoloxicamente atópase formado por un conxunto de células (células P, células transicionais e [[fibra de Purkinje|células da fibra de Purkinje]]) en íntima relación con fibras do [[sistema nervioso autónomo]] e fibras [[coláxeno|coláxenas]].