Bob Dylan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Nebrasca
Sen resumo de edición
Liña 175:
Durante o seguinte par de anos, Dylan regresou ás súas raíces musicais con dous álbums de versións de temas [[folk]] e ''[[blues]]'': ''[[Good as I Been to You]]'' (1992) e ''[[World Gone Wrong]]'' (1993), que incluíron material gravado exclusivamente con [[guitarra acústica]] e [[harmónica]].{{Harvnp|Gray|2006|p=243}} Tras ''World Gone Wrong'', o músico renovou o seu contrato con Columbia e ofreceu varios concertos no [[Supper Club]] de [[Manhattan]] «investindo un poder e unha paixón en "Jack-A-Roe", "Delia" e "Weeping Willow" perdidos durante un ano enteiro de concertos mediocres», segundo o biógrafo Clinton Heylin. Con vías a editalo como disco, as gravacións do Supper Club foron arquivadas e no seu lugar publicou ''[[MTV Unplugged (álbum de Bob Dylan)|MTV Unplugged]]'', un álbum en formato acústico que incluíu «John Brown», unha canción inédita de 1963 que detalla os estragos da guerra e do [[chauvinismo]]. Aínda que o músico afirmou o seu desexo de interpretar cancións tradicionais na liña dos seus dous anteriores traballos, executivos de [[Sony Music|Sony]] insistiron en que tocase os seus maiores éxitos.{{Harvnp|Sounes|2001|p=408}}
 
Cunha colección de cancións escritas durante unha nevada no seu rancho de [[Minnesota]],{{Harvnp|Heylin|2000|p=693}} Dylan reservou os Criteria Studios de [[Miami, Florida|Miami]] con [[Daniel Lanois]] como [[productor musical|productor]]. Pouco logo de completar a gravación, Dylan enfermó de [[histoplasmose]], unha infección fúngica ou [[micose]] sistémica causada pola levadura ''[[Histoplasma capsulatum]]'', a raíz da cal viuse obrigado a cancelar a súa xira e a estar encamado durante xuño de 1997.<ref>{{cita novas| url=http://www.nytimes.com/1997/05/29/nyregion/dylan-in-hospital-with-chest-pains-europe-tour-is-off.html | xornal=The New York Times | título=Dylan in Hospital With Chest Pains; Europe Tour Is Off | nome=Bruce | apelidos=Weber | data=29 de maio de 1997 | dataacceso=4 de febrerofebreiro de 2013 |lingua=inglés}}</ref> O músico recuperouse pronto e abandonou o hospital comentando: «Realmente pensei que vería a [[Elvis Presley|Elvis]] moi pronto».{{Harvnp|Sounes|2001|p=420}} A mediados de 1997 regresou aos escenarios e tocou no Congreso Eucarístico Internacional celebrado en [[Boloña]], [[Italia]], ante o [[Papa]] [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]]. Posteriormente, o Papa leu un sermón<ref>{{Cita web|url=https://w2.vatican.va/content/john-paul-ii/es/speeches/1997/september/documents/hf_jp-ii_spe_19970927_youth-bologna.html|título=Visita pastoral a Bolonia: Encuentro con los jóvenes (27 de septiembre de 1997) {{!}} Juan Pablo II|dataacceso=16 de outubro do 2016|páxina-web=w2.vatican.va}}</ref> ante un público de máis de 200 000 persoas baseado na letra da canción «[[Blowin' in the Wind]]».{{Harvnp|Sounes|2001|p=426}}
 
En setembro de 1997 publicou ''[[Time Out of Mind]]'', producido por Lanois o primeiro traballo con novo material en sete anos. Cunha avaliación amarga do amor en temas como «[[Love Sick]]» e reflexións sobre a morte en «[[Not Dark Yet]]», «Tryin' to Get to Heaven» e «Standing on the Doorway», ''Time Out of Mind'' foi aclamado pola crítica musical: respecto diso, [[Stephen Thomas Erlewine]], que destacou o son do álbum como «son nebuloso e ominoso», escribiu que «as cancións en se son uniformemente potentes e súmanse á mellor colección xeral de Dylan en anos».<ref name="allmusic"/> ''Time Out of Mind'' gañou dous [[Grammy]] na [[Premios Grammy de 1998|40.ª edición dos premios]] nas categorías de [[Premio Grammy ao álbum do ano|álbum do ano]] e [[Premio Grammy ao mellor álbum de folk contemporáneo|mellor álbum de folk contemporáneo]], mentres que a canción «[[Cold Irons Bound]]» alzouse co [[Premio Grammy á mellor interpretación vocal de rock masculina|Grammy á mellor interpretación vocal de ''rock'' masculina]].<ref>{{cita web |url=http://www.grammy.com/news/grammy-rewind-40th-annual-grammy-awards |autor=Grammy |título=Rewind: 40th Annual Grammy Awards |lingua=inglés |dataacceso=28/04/2015}}</ref>
Liña 214:
En maio de 2014, Dylan publicou na súa páxina web unha versión de «Full Moon and Empty Arms», tema popularizado por [[Frank Sinatra]] en 1945. A canción serviu como adianto do álbum ''[[Shadows in the Night]]'', que contén versións de 10 cancións escritas entre 1923 e 1963<ref name =secret>{{cite web| url = http://www.latimes.com/entertainment/music/posts/la-et-ms-dylan-sinatra-covers-20150123-story.html#page=1| title = The secret Sinatra past of Bob Dylan's new album| author = Turner, Gustavo| date = 24 de xaneiro de 2015| accessdate = 3 de febreiro de 2015| publisher = latimes.com}}</ref><ref name =ShadowsBauder>{{cite web| url = http://news.yahoo.com/music-review-bob-dylans-night-disc-140236549.html| title = Bob Dylan's late-night disc | author = Bauder, David| date = 29 de enero de 2015| accessdate = 3 de febreiro de 2015| publisher = AP}}</ref> grabadas por [[Frank Sinatra]].O álbum foi publicado finalmente en febreiro de 2015.<ref>{{cita web | url = http://www.rollingstone.com/music/news/bob-dylan-releases-frank-sinatra-cover-plans-new-album-20140513| título= Bob Dylan Releases Frank Sinatra Cover, Plans New Album| autor = Greene, Andy| data=13 de maio de 2014| idioma=inglés |dataacceso=15 de outubro de 2014}}</ref> Ademais, en novembro do mesmo ano, Columbia publicou ''[[The Bootleg Series Vol. 11: The Basement Tapes Complete|The Basement Tapes Complete]]'', unha [[caixa recompilatoria|caixa]] de seis discos con 138 temas gravados con [[The Band]] no seu fogar de [[Woodstock, Nova York|Woodstock]] en 1967. Ata a data, só unha selección de cancións fora publicada en ''[[The Basement Tapes]]'' en 1975 e un centenar de tomas alternativas en [[bootleg|discos pirata]].<ref>{{cita web| url = http://www.rollingstone.com/music/news/bob-dylan-complete-basement-tapes-bootlegs-released-november-20140826| título= Bob Dylan's Complete, Legendary 'Basement Tapes' Will Be Released| autor = Greene, Andy| data= 26 de agosto de 2014|obra=Rolling Stone |idioma=inglés |dataacceso=15 de outubro de 2014}}</ref>
 
En setembro de 2015, Sony Music anunciou a publicación de ''[[The Bootleg Series Vol. 12: The Cutting Edge 1965-1966]]'', con material inédito correspondente ás sesións de gravación dos tres álbums que Dylan gravou entre xaneiro de 1965 e marzo de 1966: ''[[Bringing It All Back Home]]'', ''[[Highway 61 Revisited]]'' e ''[[Blonde on Blonde]]''.<ref>{{cite web| url = http://www.rollingstone.com/music/features/inside-bob-dylans-massive-new-sixties-bootleg-series-trove-20150924| title = Inside Bob Dylan's Massive New Sixties Bootleg Series Trove| author = Greene, Andy| date = 24 de septiembresetembro de 2015| accessdate = 25 de setembro de 2015| publisher = Rollingstone.com}}</ref><ref>{{cite web| url = http://bobdylanbox.shop.musictoday.com/page/MinimalSplash| title = The Cutting Edge 1965 – 1966: The Bootleg Series Vol. 12 Collector’s Edition| date = 24 de setembro de 2015| accessdate = 25 de setembro de 2015| publisher=bobdylan.com}}</ref>
 
A comezos de 2016, Dylan vendeu máis de 6 000 pezas do seu arquivo persoal, incluíndo manuscritos, cadernos, gravacións e cartas, á [[George Kaiser|George Kaiser Family Foundation]] e á [[Universidade de Tulsa]], cun valor estimado de «entre quince e vinte millóns de dólares». A colección tamén incluíu trinta horas de material filmado para o documental ''[[Don't Look Back (documental)|Don't Look Back]]'', así como material cinematográfico da xira [[Rolling Thunder Revue]] de 1975. O arquivo será exposto no Helmerich Center for American Research.<ref>{{cita web| url = http://www.rollingstone.com/music/news/inside-bob-dylans-historic-new-tulsa-archive-its-an-endless-ocean-20160303| title = Inside Bob Dylan's Historic New Tulsa Archive: 'It's an Endless Ocean'| author = Greene, Andy| date = 3 de marzo de 2016| accessdate = 4 de marzo de 2016| publisher = ''Rolling Stone''}}</ref><ref>{{cita web | url = http://www.nytimes.com/2016/03/06/arts/music/bob-dylans-secret-archive.html|title= Bob Dylan’s Secret Archive| author = Sisario, Ben| date = 2 de marzo de 2016| work=The New York Times |accessdate=7 de marzo de 2016}}</ref> O 7 de marzo, anunciou o lanzamento de ''[[Fallen Angels (álbum)|Fallen Angels]]'', un álbum de versións de cancións clásicas na liña de ''Shadows in the Night'', acompañado dunha xira por [[Xapón]] e [[Estados Unidos]] con [[Mavis Staples]].<ref>{{cite web|url=http://pitchfork.com/news/63980-bob-dylan-announces-new-album-and-tour/|title=Bob Dylan Announces New Album and Tour|last=Monroe|first=Jazz|date=7 de marzo de 2016|accessdate=7 de marzo de 2016|publisher=[[Pitchfork Media]]}}</ref>