Abrir o menú principal

Cambios

*despegue > engalaxe. / *despegar > engalar.
O Saturn I soamente serviu para poñer a punto os elementos que ían permitir a construción dos seguintes foguetes da familia. Era un foguete de 2 etapas e de 590 toneladas lanzado por vez primeira no 29 de xaneiro de [[1964]] en modo experimental. Xa no [[1966]], trala as realizadas, foi chamado Saturn IB; fixo o seu lanzamento completo o [[26 de febreiro]] de [[1966]]. Tiña unha altitude de 69 metros, o diámetro era 6,6 m e o seu peso seguía sendo de 590 toneladas. Das 2 etapas en que estaba feito, a primeira estaba chea de propergol (unha mestura feita por queroseno e osíxeno líquido que seguiría a utilizarse para o resto da familia). Dispuña de 8 motores principais e tiña un empuxe de 745 toneladas. A segunda etapa tiña un motor principal que consumía como propergol una mestura de hidróxeno e osíxeno líquido cun empuxe de 90,5 toneladas. A súa carga útil podíase ver deste xeito: satelización a 180 quilómetros do solo: 18 toneladas; sonda lunar: 5 toneladas e sonda até [[Marte (planeta)|Marte]] ou [[Venus (planeta)|Venus]]: 2 toneladas. Pola contra, o Saturn V aproveita os motores e outras cousas dos antecesores, facendo del un lanzador de xigantescas dimensións; as que require para levar a cabo a misión Apollo. Para darse unha idea da súa magnitude con relación os anteriores Saturn, este incluía unha terceira etapa. Fixo o seu lanzamento completo o [[9 de novembro]] de [[1967]] (lanzando a o espazo o Apollo 4), medía 111 metros de altitude e o seu diámetro máximo era de 10 metros cun peso de 2940 toneladas. Na primeira etapa, pesaba en baleiro 134 toneladas; podía acumular un peso de propergol de 2106 toneladas. En canto a propergol, como xa dixemos: queroseno e osíxeno líquido. Estaba dotada de 5 motores principais que daban un empuxe de 3500 toneladas. Na segunda etapa; o seu peso en baleiro era de 38,4 toneladas, podía levar 447 toneladas de propergol, composto, ó igual que na terceira etapa, de hidróxeno e osíxeno líquido. Dispuña de 5 motores principais cun empuxe de 520 toneladas. Entrados na terceira etapa diremos que pesaba en baleiro 11,5 toneladas, podía levar 120 toneladas de propergol, tiña 1 motor principal e desenvolvía un empuxe de 93 toneladas. A súa carga útil sería a seguinte: satelización a 180 quilómetros do solo: 145 toneladas; sonda lunar: 45 toneladas e sonda até Marte ou Venus: 20 toneladas.
 
Amais dos 11 motores principais (dos que 10 -5 na primeira etapa e 5 na segunda- son do modelo F-1, namentres que o da terceira etapa era un J-2) que serven para propulsa-lo ten outros 30 motores auxiliares, para a súa estabilización, separación de etapas etc. Durante o proceso de despegueengalaxe do Saturn V calcúlase que o 5 % da potencia dos motores se converte en enerxía acústica. Así, nada menos que o equivalente de 200.000 kw vanse no ruído. Os F-1 dispuñan dunha altura de 5,5 metros, un diámetro de 3,8 metros que chegaba a 4,30 metros na tobeira, cun peso de 9,1 toneladas e a súa forza de empuxe de 771 toneladas; cun impulso de 260 segundos. Queimaba a mestura de propergol do seguintes xeito: 790 kg/s de queroseno como combustible con 1.790 kg/s de osíxeno líquido como comburente. Isto exercía unha presión na cámara de 68 kg/cm², poñéndose a unha temperatura de 3.900 [[ºC]]. O seu tempo de funcionamento máximo era de 150 segundos. Mentres que o motor da terceira etapa, un J-2 dispuña dunha altura de 3,4 metros, un diámetro de 2 metros que chegaba a 1,95 metros na tobeira. O seu peso viña sendo de 1,6 toneladas e a súa forza de empuxe de 102 toneladas; cun impulso de 424 segundos. Queimaba a mestura de propergol do seguintes xeito: 37 quilos/segundo de hidróxeno como combustible con 204 quilos/segundo de osíxeno líquido como comburente. Isto exercía unha presión na cámara de 54 kg/cm², poñéndose a unha temperatura de 3.178 °C. O seu tempo de funcionamento máximo era de 140 segundos reducíndose a 360 segundos despois.
 
A primeira vez que o módulo lunar do Apollo viaxou ó espazo foi en marzo [[1969]], cando os astronautas do Apollo 9 practicaron nunha órbita terrestre as futuras operacións do aluaxe: a acoplaxe, a desacoplaxe e a propulsión do módulo lunar. Dous meses despois o Apollo 10 voou até a Lúa e o módulo descendeu até situarse a 8 km da superficie. O único que non se fixo nesta misión foi aluar.
=== Apollo 9. Saturn V. AS-504 ===
{{Artigo principal|Apollo 9}}
O Apollo 9 despegouengalou ás 11 da mañá do 3 de marzo de 1969 dende a torre 39-A, tripulado por McDivitt, Scott, Schweickart. O seu principal obxectivo era realizar probas de separación, atopo e acople do módulo lunar (ML) de aterraxe, en órbita terrestre, pilotado por primeira vez no espazo por McDivitt nunha misión de 151 voltas á Terra. Durante un paseo espacial de 38 minutos, Schweickart probou por primeira vez o sistema de soporte vital do Apollo. Antes da aluaxe. A nave describiu unha órbita de 192 por 190 km.
 
Esta era a primeira vez que o módulo lunar viaxa ó espazo e os astronautas do Apollo 9 practicaron nunha órbita terrestre as futuras operacións da aluaxe: o acoplamento, o desacoplamento e a propulsión do módulo lunar chamado Spider que estaba aloxado na segunda etapa do Saturn. Despois do acoplamento as dúas naves separáronse até unha distancia duns 160 km. O módulo lunar foi probado, os seus motores acendéronse para alcanzar unha nova órbita, separouse da etapa inferior de aluaxe e acoplouse de novo no Apollo chamado Grumdop. Aterraron o 13 de marzo de 1969 as 12:01 no océano Atlántico, a 23º 12' 30" N e 67º 56' W. A tripulación foi rescatada ás 12:45 polo buque Guadacanal dos U.S.S. A misión durou 10 días e 1 hora, e incluíu algún feito non previsto, ó vomitar en dúas ocasións o piloto do ML, Russell L. Schweickart.
{{Artigo principal|Apollo 11}}
[[Ficheiro:Apollo 11 insignia.png|dereita|250px]]
A nave Apollo 11 despegouengalou ás 9:32:00 do mércores [[16 de xullo]] de 1969, dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy en [[Florida]]. Unha vez na órbita lunar, (de 186 por 183 km) Edwin E. Aldrin (piloto do CSM) e [[Neil Armstrong|Neil A. Armstrong]] (comandante) trasladáronse ó módulo lunar. Michael Collins (piloto do módulo lunar) permaneceu na órbita lunar pilotando o módulo de control despois da separación, e apoiando as manobras do módulo lunar. Este último descendeu á Lúa e pousouse sobre a súa superficie o 20 de xullo, no [[mar da Tranquilidade]] (71º N e 23º 38' E), enviouse a seguinte mensaxe a Terra ''“Houston, aquí Base Tranquilidade. A Aguia aluou”''. Horas máis tarde, Armstrong descendeu por unha escaleiriña co seu traxe espacial e puxo o seu pé sobre a [[Lúa]]. As súas primeiras palabras foron ''"este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade"''. Pronto seguiulle Aldrin e ambos os dous astronautas camiñaron durante máis de dúas horas pola Lúa. As tarefas de carácter científico máis importantes realizadas durante as misións foron a recollida de 21 kg de mostras do solo, toma fotografías e colocación dun artefacto para detectar e medi-lo vento solar, un reflector de raios láser e un [[sismógrafo]]. Armstrong e Aldrin cravaron no solo a [[bandeira dos Estados Unidos]] e falaron por radio co presidente [[Richard Nixon|Richard M. Nixon]] na [[Casa Branca]].
 
Comprobaron que non era difícil camiñar e correr baixo unha gravidade seis veces menor que a da superficie da [[Terra]]. Millóns de persoas puideron seguir a retransmisión vía [[satélite]] do acontecemento. Unha vez de volta ó módulo lunar, os astronautas quitaron os traxes espaciais e descansaron unhas horas antes de engalar. Abandonaron a Lúa en voo vertical deixando na superficie luar a parte inferior do módulo lunar que actuou como plataforma de lanzamento. Esta plataforma tirouse unha vez acoplados o módulo lunar ó módulo de comando, ó que regresaron os dous astronautas.
O Apollo 15 foi lanzado o luns 26 de xullo de 1971 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy, en Florida. Levaba a bordo o piloto de probas da USAF David R. Scott, que xa voara na Geminis 8 (1966) e no Apollo 9 (1969). Usou o primeiro automóbil luar, o Moon Rover, como comandante. Amais, ían o piloto da forza aérea James Benson Irwin (que soltou unha pluma e un martelo para demostrar que, como predixera [[Galileo]], caían á mesma velocidade no baldeiro) como piloto do módulo lunar Falcon e Alfred M. Worden como piloto do módulo de comando Endeavour. Despois de aterrar no Hadley-Apennine (26º 5' N e 3º 39' E), Scott e Irwin pasaron dous días na Lúa e 18 horas fóra do módulo, á beira do mar Imbrium, próximos á fisura de Hadley, de 366 m de profundidade, e á cadea montañosa dos Apenninos, unha das máis altas da Lúa.
 
Durante a súa exploración da superficie lunar, de 18 horas e 37 minutos de duración, recorreron máis de 28,2 km cun vehículo eléctrico de exploración lunar de catro rodas o Moon Rover. Instalaron instrumentos científicos e recolleron uns 91 kg de rocas, entre elas o que se pensaba que era unha mostra cristalina da cortiza orixinal da Lúa, dunha antigüidade duns 4.600 millóns de anos. A tripulación do Apollo 15 deixou unha cámara de televisión para retransmiti-lola despegueengalaxe de Irwin e Scott, e antes de deixa-la órbita lunar soltaron un subsatélite de 35,6 kg, deseñado para transmiti-la información sobre os campos magnéticos, gravitacionais e de alta enerxía do espazo lunar. Durante a seu regreso, Worden realizou un paseo espacial de 16 minutos, cando a nave estaba a 315.400 km de distancia da Terra, unha distancia récord para os paseos espaciais realizados até entón. Os astronautas de Apollo 15 amararon sen problemas o 7 de agosto, a uns 530 km ó norte de Hawai e 10 do punto de contacto, sendo recollidos polo U.S.S. Okinawa. Foi a primeira tripulación de volta da Lúa que non se someteu a corentena. A misión durou 12 días, 17 horas, 11 minutos e 53 segundos (295:11:53).
 
=== Apollo 16. Saturn V. AS-511 ===
[[Ficheiro:NASA Apollo 17 Lunar Roving Vehicle.jpg|miniatura|dereita|O Moon Rover na misión Apollo XVII.]]
 
A última misión do programa luar despegouengalou ás 12:33 do xoves 7 de decembro de 1972 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy. 11 minutos e 53 segundos despois da ignición entraba en órbita terrestre. Despois de dar dúas revolucións, as 08:45:37 do tempo universal o Apollo 17 foi inserido en curso transluar. Durante a viaxe, de 13 días de duración participaron o veterano astronauta Cernan (piloto naval, que xa voara na Geminis 9 e no Apollo 10, última persoa en deixar pegada na Lúa, na chaira de Taurus-Littrow, 20º 10' N e 30º 46' E), o xeólogo Harrison H. Schmitt (adestrado coma piloto da forza aérea especialmente para ir á Lúa como piloto do módulo lunar, único científico que estivo alí), e Ronald B. Evans. Os dous primeiros pasaron 75 horas na Lúa (récord de permanencia) e recorreron 35 km no Moon Rover, explorando a zona do val do Taurus- Littrow, un canón situado xunto ó mar da Serenidade, mentres Ronald B. Evans permanecía en órbita no módulo de mando América arredor do satélite con cinco ratos para estudios.
 
Antes de abandona-la Lúa, Cernan colocou unha placa conmemorando o final do Programa Apollo de exploración á Lua. O 19 de decembro os tres homes regresaron á terra, a súa cápsula caeu ó Pacífico as 14:25, preto da illa de Samoa, a 6,4 km do punto previsto. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Ticonderoga, 52 minutos mais tarde despois de rematar a misión que durou 12 días, 13 horas e 52 minutos (301:52:00). Este último lanzamento custou máis de 450 millóns de dólares. Richard Nixon sinalou que así se marcaba o fin dun dos capítulos máis significativos da historia do home.
15.862

edicións