Memphis, Tennessee: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Bot - formateo de números segundo Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 38:
|sitio web = [http://www.memphistn.gov/ Páxina oficial de Memphis]
}}
'''Memphis''' é unha cidade do estado [[EUA|americano]] de [[Tennessee]], situada no [[río Mississippi]] na súa unión co [[río Wolf]]. Está situada no [[Condado de Shelby]], do que é capital. O seu reclamo turístico fundamental é [[Graceland]], lugar onde viviu e faleceu [[Elvis Presley]]. Tamén é coñecida polo seu equipo de [[baloncesto]], os [[Memphis Grizzlies]]. No 2007 tiña 674.028 habitantes, cifra que ascende ata 1. 196. 000 na área metropolitana. A cidade é moi coñecida pola música [[blues]]. En Memphis viviron [[Elvis Presley]] e [[B. B. King]], e naceron artistas como [[Aretha Franklin]], [[Carla Thomas]], [[James Carr]] e [[Anita Ward]].
 
== Historia ==
Memphis está situada nun estratéxico punto da ribeira oriental do Misisipi, sendo un asentamento da tribo Chickasaw. O soado explorador [[España|español]] [[Hernando de Soto]], xunto á súa tropa, foi o primeiro europeo que explorou a zona, acampando nela en [[1541]]. Os franceses construíron nas proximidades Fort Prudhomme (ou Fort Assumption) en [[1739]] como parte da colonia de [[Luisiana (Nova Francia)|Luisiana]]. En [[1790]] [[España]] anexou a área ao goberno da [[Luisiana (Nova España)|Luisiana Española]] e construíuse o [[Forte de San Fernando de las Barrancas]] ao belixerar apoiando á [[Revolución Americana|Guerra de Independencia Estadounidense]] contra os ingleses. Neste forte os españois levantaron un [[faro]], pero tras o Tratado de París de 1783, Inglaterra cedera o territorio aos recentemente emancipados estadounidenses polo que estes tomaron o control da área rebautizando de San Fernando das Barrancas como [[Fort Adams]] ([[1797]]). En 1818, mediante un forzoso tratado, a nación Chickasaw cedeu os seus territorios aos Estados Unidos. A localidade actual fundouse en [[1819]], converténdose en cidade en [[1826]]. Tras a [[Batalla de Memphis]] (durante a [[Guerra de Secesión]]), o [[6 de xuño]] de [[1862]], as tropas [[Estados Unidos de América|nordistas]] conquistaron Memphis aos [[Estados Confederados de América|sudistas]]. Unha epidemia de febre amarela reduciu a poboación considerablemente en [[1870]]. Entre 1910 e 1950 en Memphis desenvolveuse o clientelismo político baixo a dirección de E. H. Crump.
 
== Lexislación e Goberno ==