Jean-Jacques Rousseau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Ligazóns internas
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎O contrato social: Ligazón interna
Liña 33:
De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os individuos asociados alienan os seus dereitos ao recentemente formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, posto que se forma aquí un novo corpo, indivisible e con vontade propia, así calquera dano ao corpo será un dano a todos, e calquera vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar aos demais. Afín de preservárense, os individuos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituía da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os individuos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.
 
Encanto Rousseau argumenta que a soberanía debería estar nas mans do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Este [[goberno]] é criado nun aparente impase:
Tense o pobo. O soberano tanto canto o estado son aspectos dese mesmo pobo, a diferenza é que nun aspecto o pobo é activo, señor de vontades que deberán ser cumpridas por el mesmo, que neste aspecto é o estado, o pobo encanto súbditos, cumpridores da vontade xeral. Mais como entón facerse obedecer? E a resposta é o goberno. Este, tamén pobo, é o orgón encargado de executar as leis. Temos entón unha relación estreita entre soberano, goberno e estado. O soberano determina a súa vontade ao goberno que a fará cumprir polos súbditos.