Cine de animación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
o enunciado di "Os principales festivais de animación do mundo son os seguintes"
Liña 43:
* Durante a época do cine mudo e os primeiros anos do cine sonoro apareceron as principais formas de cine de animación.
:* Por unha banda, as películas mais comerciais, destinadas ao público masivo (Walt Disney, Popeye, Betty Boop etc.).
:* Por outro banda, artistas de vangarda que contemplaron a animación como unha extensión das artes plásticas e realizaron obras experimentais ([[Oskar Fischinger]], Len Lye etc.).
:* Entre medias, infindas modalidades, desde os contos tradicionais en sinistros bonecos animados por Ladislaw Starewicz ata a "reportaxe animada" sobre o afundimento do Lusitania de Winsor McCay.
* A primeira longametraxe de animación foi muda e arxentina: ''El Apóstol'' ([[1917]]) de Quirino Cristiani, película que desgraciadamente se perdeu. Outras longametraxes desa época (que si están a disposición do público actual) foron ''Die abenteuer des Prinzen Achmed'' (Alemaña, [[1926]]) de Lotte Reiniger e ''Le roman de Renard'' (Francia, concluída en [[1930]] pero estreada en [[1937]]) de Starewicz. Finalmente, en 1937 Walt Disney estreou ''Blancanieves y los siete enanitos''.