Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
Na '''noite de san Xoán''', a noite do día [[23 de xuño|23]] ao [[24 de xuño|24]] de [[xuño]], e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de [[Europa]], especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar.
 
A data do [[24 de xuño]] corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de [[Xoan Evanxelista|san Xoán]]<ref>Segundo o evanxeo de San Lucas, a concepción de Xesús aconteceu 6 meses despois da de san Xoán: ''Mais o anxo díxolle: Zacarías, non temas; porque a túa pregaria foi ouvida, e a túa dona Elisabet parirache un fillo, e chamaralo de nome Xoán'' (13); ''Ao sexto mes o anxo Gabriel foi enviado por Deus a unha cidade de Galilea, chamada de Nazaret'' (26) [http://www.biblegateway.com/passage/?search=Lucas%201:1-15;&version=6;]. A tradición apócrifa conta que Zacarías, pai de San Xoán, celebrou o seu nacemento prendendo varias lumeiradas.</ref>.
 
En Galicia cunha forte tradición en todo o país onde se mesturan antigos ritos ao lume, á auga e á natureza con xantares populares, salientando as celebración e as cacharelas da cidade da [[Coruña]]. En España préndense importantes fogueiras en [[Alacant]], declaradas de Interese Turístico Internacional. Aquí, nesta [[cidade]], considéranse auténticas obras de [[arte]]. Son creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais tan variados como [[cartón]], [[madeira]], [[papel]], [[pintura]] etc. para que poidan arder facilmente na noite de san Xoán.