Andrei Platonov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Quito illado
m →‎Traxectoria: Nikita Khrushchev
Liña 7:
Escribiu as súas obras máis importantes, as novelas ''Chevengur'' e ''O foxo'' entre 1926 e 1930, coincidindo cos últimos anos da [[Nova Política Económica]] e o inicio do primeiro [[Plan Quinquenal]] en 1928. Estas obras, que supoñían unha crítica implícita ó sistema desencadearon as críticas dos órganos oficiais, e ,aínda que un capítulo de ''Chevengur'' apareceu nunha revista, as obras nunca se publicaron. En 1931 despois da publicación ''Vorkk'' sobre a crónica da vida dos campesiños pobres, que recibiu as críticas de [[Fadeyev]] e [[Stalin]], a publicación dos seus traballos foi prohibida, coa exclusión do relato ''O río Potudan'' publicada en 1937.
 
O seu fillo de 15 anos foi arrestado e enviado a un campo de concentración durante a Gran [[Purga]] [[estalinismo|estalinista]] dos anos 30. Liberado, pero enfermo de [[tuberculose]] o fillo volveu á casa e durante a convalecencia contaxiou a enfermidade ó escritor. Ó comezo da [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] foille permitido publicar por un permiso especial de [[Stalin]]. Foi correspondente de guerra de 1942 a 1945 e seguiu escribindo no periódico ''Estrela Vermella'' ata 1946.
 
A finais de 1946 imprimiuse o seu conto ''O regreso'' (Vozvrashchenye) polo que foi novamente censurado e acusado de calumnia. Como consecuencia, a posibilidade de seguir publicando desapareceu por completo. A finais dos anos 40, imposibilitado de seguir gañando a vida como narrador, dedicouse a preparar contos rusos e bashkirios para ser imprimidos en revistas para nenos.
Liña 13:
Morreu o 5 de xaneiro de 1951 en Moscova. Ten unha rúa e un monumento dedicados en Vóronezh.
 
Aínda que relativamente descoñecido no seu tempo, a influencia de Platonov na literatura rusa e considerable. Algúns dos seus traballos foron publicados ou reimpresos nos anos 60 na época do [[Desxeo]] de [[Nikita Khrushchev|Khrushchev]].
 
== Estilo ==