Onda (mar): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Causa: Traduzo
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Causa: Lingua
Liña 16:
Canto maior é a altura das ondas, maior é a cantidade de enerxía que poden extraer do vento, de forma que se produce unha realimentación positiva. A altura das ondas vén a depender de tres parámetros do vento, que son a súa velocidade, a súa persistencia no tempo e, por último, a estabilidade da súa dirección. Así, os maiores ondaxes prodúcense en circunstancias meteorolóxicas nas que se cumpren amplamente estas condicións.
 
Unha vez postas en marcha, as ondas que se desprazan sobre augas profundas disipan a súa enerxiaenerxía moi lentamente, de xeito que alcanzan rexións moi separadas do seu lugar de formación. Así, poden observarse ondaxes de gran altura en ausencia de vento.
 
As ondas disipan a súa enerxía de varias maneiras. Unha parte pode converterse nunha corrente superficial, un desprazamento en masa dun gran volume de auga até unha profundidade considerable. Outra parte disípase por fricción co aire, nunha inversión do fenómeno que puxo en marcha as ondas. Parte da enerxía pode disiparse se unha velocidade excesiva do vento provoca a ruptura das cristas. Por último, a enerxía remata por disiparse por interacción coa cortezacodia sólida, cando o fondo é pouco profundo ou cando finalmente as ondas se estrelan coa costa.
 
Ao chegar á costa, as ondas sofren unhas últimas transofrmacións antes de se disipar: