Nacións celtas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
colocación do pronome
Breogan2008 (conversa | contribucións)
redacción
Liña 22:
== O Romanticismo cultural ==
[[Ficheiro:Celtic congress 1904.jpg|miniatura|280px|Os delegados do Congreso Pan-Celta, Caernarfon, 1904. Fila de atrás: Maggie Jones (harpista de Arfon); deputada Gruffydd Richards (harpista principal de Gwent), David Roberts (harpista cego do Mawddwy), Gwyneth Vaughan. Fila de diante: James Pedwr, Hamonic Émile, Lena Botrel, Théodore Botrel e o profesor Paul Barbier.]]
Acorde ao romanticismo cultural (dado en Europa arredor do século XVIII, e XIX) que buscaba afondar nas orixes diferenciais dos pobos fronte aos estados imperialistas da época, é nos países máis occidentais, eminentemente rurais e cunha cultura moi similar, onde o termo "Celta" vai ser adoptado como unha etiqueta de auto-identificación na que, por unha banda, reinvindícase unha diferenciación cultural histórica, e por outra banda ponse de manifesto un interese mutuo por aqueles outros pobos que comparten tal sentimento ou cultura.
 
Paradoxalmente, a exaltación da ''celticidade'' en termos políticos, nace no século XIX, da man dos nacionalistas franceses, que trataron de exaltar a heroicidade dos [[galos]] contra o [[Imperio Romano]], como primeira manifestación do ''pobo francés'' unido ante un inimigo. As loitas de Vercingetorix foron descritas como un predecesor ''nacional'' das batallas en defensa do nacionalismo francés, incluíndo as guerras dos dous Napoleóns (Napoleón I e Napoleón III) durante o século XIX. Os libros de historia franceses enfatizaron as formas nas que os galos poderían ser vistos como un exemplo de asimilación cultural, no entanto, a noción que os libros de historia franceses comunmente dan, comezan coa célebre frase ''"Nos Ancêtres les Gaulois ..."'' ("Os nosos devanceiros os galos ...") non podendo ser sostida de todo, pois como tal o propio nome de "[[Francia]]" significa de feito "terra de [[francos]]".