Morteiro (arma): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 9:
Para o [[século XVI]] o morteiro constituíuse nunha arma bastante común, recibindo o seu nome pola forma robusta e semellante a unha pota dos primeiros modelos. Os tubos eran bastante curtos (non máis de dous ou tres veces o calibre e este polo xeral superior aos 150 mm). Tratábase de armas para a defensa da praza ou como pezas de cerco a fortalezas. A mediados do século XIX tentouse utilizalas como armas de defensa costeira, mais case entrou en desuso como peza de artillaría para a infantaría.
 
No entanto a súa obsolescencia, a desgastante [[guerra de trincheiras]] suscitada na Frontefronte Occidental durante a [[Primeiraprimeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]] determinou a imperiosa necesidade de empregar unha arma que puidese usarse para disparar dende o interior de gabias e parapetos, sen se expor ao fogo, de forma de apoiar á infantaría e cercar as liñas inimigas. Por iso que se resucitou a idea do morteiro. Inicialmente os ingleses e franceses empregaran morteiros do [[século XIX]] veteranos da [[Guerraguerra da Crimea]], e improvisaron outros de gran peso. Os alemáns tamén seguiron estas ideas, destacándose o ''Minenwerfer'' (lanzaminas).
 
Para [[1915]] os británicos lograran un deseño compacto de tubo de ánima lisa e bípode, que é considerado o primeiro morteiro moderno. Alcumárono Morteiro Stokes en honra ao seu creador, Wilfred Stokes. Desenvolveuse en varios calibres, desde os 60 aos 120 mm.
Liña 17:
As súas "granadas" son de fabricación máis sinxela e barata ca os de artillaría convencional, e transportan maior carga explosiva por unidade de peso de proxectil, proporcionando un poder destrutivo maior ao empregaren velocidades de caída menores. Isto permite tamén unha mellor distribución dos cascos fragmentarios e unha óptima distribución da enerxía cinética da explosión.
 
Durante a [[Segundasegunda guerra mundial|Segunda Guerra Mundial]], todos os países melloraron os seus deseños, salientando os modelos soviéticos de 120 mm e os estadounidenses de 82 mm de calibre, que continuarían operando durante décadas.
 
== Uso táctico ==