Concellos de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: [[Vigo]] absorbeu os municipios de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]] (1904) e [[Concello de Lavadores|Lavadores]] (1941); [[A Coruña]] o concello de [[Oza]] en 1912; [[Ourense]] absorbeu [[Concello de Canedo|Canedo]] en 1943; [[Santiago de Compostela]] anexionou [[Concello de Conxo|Conxo]] (1925) e [[Concello da Enfesta|A Enfesta]] (1962); [[Pontevedra]] sumou [[Alba, Pontevedra|Alba]] (1868), [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]] e [[Mourente, Pontevedra|Mourente]], [[Xeve]] (1944) e [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]] ([[1960]]); [[Ferrol]] incluíu [[Concello de Serantes|Serantes]] en 1940; [[Vilagarcía de Arousa]] sumou [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|O Carril]] e [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]] en 1913; [[Celanova]] anexionou [[Concello de Vilanova dos Infantes|Vilanova dos Infantes]] (1927) e [[Concello de Acevedo do Río|Acevedo do Río]] (1967). En 1927 o [[concello de Moreiras]] integrouse no de [[Xinzo de Limia]].
 
En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en [[Pernaviva, Cereixo, A Estrada|Pernaviva]], mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da [[A Estrada|Estrada]] ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo [[concello de Vilaoudriz]]. En 1853 o concello de [[Chapa, Silleda|Chapa]] pasou a chamarse [[Silleda]] ao mudarse a capital.

En 1924 [[Mondariz-Balneario]] constituíuse como concello de seu, independizándose do de [[Mondariz]]. Até 1925 o concello da [[A Proba de Burón|Proba de Burón]] abrangueu os actuais municipios da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] e [[Negueira de Muñiz]]. Nese mesmo ano [[Pontecesures]] independízase de [[Valga]], e [[Rábade]] segregouse de [[Begonte]]. En 1926 creouse o concello de [[Ramirás]] ao se fusionaren [[Freás de Eiras]] con [[Vilameá de Ramirás]].
 
En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse [[Vila de Cruces]], ao pasar a este lugar a capitalidade. En 1950 Vilameá mudou o seu nome polo de ''Puente Nuevo'', fusionándose á súa vez en 1963 con Vilaoudriz co nome da [[A Pontenova|Pontenova]]. En 1952 [[Río Barba, O Vicedo|Riobarba]] pasou a denominarse ''Vicedo'', e desde 1983 [[O Vicedo]]. En 1960 o concello de [[Buxán, Val do Dubra|Buxán]] mudou o seu nome polo de [[Val do Dubra]]. En 1974 [[Neira de Xusá]] pasou a chamarse [[Baralla]].