Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
hostal no haospital
Liña 44:
}}
 
O '''HospitalHostal Real de Santiago''', tamén coñecido como '''Grande Hospital Real de Santiago''' e, nos últimos tempos, como '''Hospital Xeral de Santiago''', ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os [[Reis Católicos]] a [[Santiago de Compostela]] en [[1492]], na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno [[hospital]].
 
Os peregrinos, ao presentaren ''A Compostela''<ref>A ''Compostela'' ou ''Compostelana'' é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e dado aos peregrinos cando acaban o seu percorrido. Para gañala necesítase andar un mínimo de cen quilómetros a pé ou a cabalo (200 km de ir en bicicleta), o que significa que o percorrido mínimo polo camiño francés empeza na vila de Sarria. Os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela teñen que mostrar a credencial do camiño, selada, que demostrará que andou e se hospedou nos lugares que esta mostra. Na Idade Media, a "compostela" era un modo de indulxencia que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, aínda que, de obterse nun Ano Santo compostelán, acadábase a indulxencia plenaria.</ref> dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta<ref>A ''credencial'' do peregrino é un caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, cuxa finalidade é o seu selado un par de veces ao día (xa sexa en igrexas, albergues ou incluso en bares que teñen o seu propio selo), para que o peregrino consiga a acreditación necesaria para aloxarse nos albergues do Camiño.</ref><ref>[http://www.lossellosdelcamino.com/ Os selos do camiño] {{vl}} Consultada o 3/2/2012.</ref> adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo [[hospital]] refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos [[peregrino]]s ou seren [[asilos]] para os pobres. A palabra hospital deriva da [[latín|latina]] ''hospes'', que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de ''hospes'' pasou a ''hospitalia'', para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de ''hospitalia'' derivou ''hospital''.<ref>Outro substantivo derivado é ''hospitium'', que significa "hospitalidade", a relación entre o convidado e o que o acolle, co significado de amabilidade; de aí deriva '''hospicio'''. E os termos ''hospedaría'', ''hostal'', ''hospedaxe'', ''hospedeiro'' etc.</ref>