Procesos eólicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
O vento é un eficaz axente de erosión de materiais finos e soltos, capaz de arrincar, levantar e transportar partículas; porén, a súa capacidade para erosionar [[rocha]]s compactas e duras é moi limitada. Se a superficie está constituída por rocha dura, o vento non pode provocar cambios apreciables debido a que a forza cohesiva do material excede a forza exercida polo vento. Unicamente naqueles lugares onde a superficie exposta contén partículas minerais soltas ou pouco cohesivas, o vento pode manifestar todo o seu potencial de erosión e transporte. A velocidade determina a capacidade do vento para erosionar e arrastrar partículas, mais tamén inflúe o carácter dos materiais, a [[topografía]] do terreo, a eficacia protectora da vexetación etc.
 
No fenómeno da erosión eólica é determinante a superficie sobre a que actúa o vento. A súa alteración non se limita a puntos ou áreas limitadas como ocorre coa [[erosión hídrica]]; a acción do vento exércese sobre a totalidade da superficie. En espaxosespazos amplos, a erosión produce a miúdo escavacións de depresiónssdepresións pouco fondas chamadas cuncas ou [[depresión de deflación|depresións de deflación]]. Orixínanse en áreas máis ou menos chairas e desprovistas de vexetación onde o solo está expuestoexposto á acción do vento. As partículas finas ([[arxila]]s e [[limo]]s) son levantadas por correntes verticais que sobrepasan as velocidades de [[decantación]]; o po difunde na [[atmosfera]] ata alturas que van desde poucos metros a varios miles. A altura depende da intensidade da turbulencia do vento, da súa duración e do tamaño das partículas. Como resultado, pode producirse unha densa [[nube]], chamada tormenta de po.
[[Ficheiro:260 Boa Vista.jpg|miniatura|250px|Deserto de pedras ou ''reg'' na illa de [[Boa Vista]], ( [[Cabo Verde]]).]]
O carácter selectivo da erosión eólica ao tomar partículas finas e deixar [[grava]]s e cantos, demasiado grandes para o seu transporte, orixina o denominado ''deserto de pedras'', ''hammada'' ou ''reg''. Estas altiplanicies estradas de fragmentos rochosos onde o material fino prácticamente foi eliminado polo vento, e onde a acción da [[Meteorización|termoclastia]] é moi activa, presentan, en ocasións, vastísimos desenvolvementos como na «Hammada de Guir» en [[Marrocos]]-[[Alxeria]] e a «Hammada al Hamrah» en [[Libia]].
Liña 14:
As superficies expostas dos cantos e afloramentos do substrato rochoso poden presentar unha película de tonalidade case negra chamada ''[[verniz desértico]]''. Está formado por un recubrimento de óxido de manganeso ou de ferro, levado á superficie por solución ([[capilaridade]]) e depositado como unha película lustrosa sobre as superficies lisas por [[evaporación]]. Nalgúns lugares, a evaporación da humidade capilar deixa un depósito de [[carbonato de calcio]] ou [[xeso]] que actúa como cemento, endurecendo o pavimento e converténdoo nunha codia de aspecto conglomerático.
 
Outra forma de erosión do vento é a [[abrasión]] ou corrasión eólica, na que grans ou partículas minerais duras, normalmente [[cuarzo]], golpean ou rabuñan as superficies rochosas e os obstáculos que afloran. Esta acción do vento cargado de partículas sólidas limítase ás primeiras decenas de centímetros dun acantilado, outeiro uuou outro afloramento que destaque sobre un plano máis ou menos horizontal. A corrasión orixina orificios, acanaladuras e entalladuras nas rochas; algunhas veces orixina rochas alveoládasalveoladas con pequenos ocos; se a masa rochosa destaca sobre unha zona chaira, pode ser erosionadoerosionada pola base e adoptar a forma dun cogomelo, polo que se denominan roquelis, ''rollerous'' (en alemán), ou [[rocha funxiforme|rochas funxiformes]].
Alí onde existe unha alternancia de estratos brandos e duros, a acción do vento é altamente selectiva; as zonas menos resistentes son desgastadas máis rapidamente que as duras, as cales acaban por resaltar vigorosamente a modo de saíntes e cornixas con profundas e longas acanaladuras ou corredores, aliñados paralelamente segundo a dirección do vento. A esta modelaxe esculpida en cristas e corredores socavados dáselles o nome de ''yardangs''. Nas áreas con bloques e cantos pouco consolidados ou illados, o vento bisélaos do lado de onde sopra tallando unha superficie pulimentada; se a dirección do vento cambia ou o canto é eliminado, pode ser tallado en varias caras separadas por arestas. Estes cantos denomínanse [[ventifacto]]s; cando se modelan de modo bastante perfecto con caras que se cortan en tres bordos agudos reciben o nome de ''[[dreikanter]]s''.