Procesos eólicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
O carácter selectivo da erosión eólica ao tomar partículas finas e deixar [[grava]]s e cantos, demasiado grandes para o seu transporte, orixina o denominado ''deserto de pedras'', ''hammada'' ou ''reg''. Estas altiplanicies estradas de fragmentos rochosos onde o material fino prácticamente foi eliminado polo vento, e onde a acción da [[Meteorización|termoclastia]] é moi activa, presentan, en ocasións, vastísimos desenvolvementos como na «Hammada de Guir» en [[Marrocos]]-[[Alxeria]] e a «Hammada al Hamrah» en [[Libia]].
 
As superficies expostas dos cantos re afloramentos do substrato rochoso poden presentar unha película de tonalidade case negra chamada ''[[verniz desértico]]''. Está formado por un recubrimento de óxido de manganeso ou de ferro, levado á superficie por solución ([[capilaridade]]) e depositado como unha película lustrosa sobre as superficies lisas por [[evaporación]]. Nalgúns lugares, a evaporación da humidade capilar deixa un depósito de [[carbonato de calcio]] ou [[xeso]] que actúa como cemento, endurecendo o pavimento e converténdoo nunha codia de aspecto conglomerático.
 
Outra forma de erosión do vento é a [[abrasión]] ou corrasión eólica, na que grans ou partículas minerais duras, normalmente [[cuarzo]], golpean ou rabuñan as superficies rochosas e os obstáculos que afloran. Esta acción do vento cargado de partículas sólidas limítase ás primeiras decenas de centímetros dun acantilado, outeiro uu outro afloramento que destaque sobre un plano máis ou menos horizontal. A corrasión orixina orificios, acanaladuras e entalladuras nas rochas; algunhas veces orixina rochas alveoládas con pequenos ocos; se a masa rochosa destaca sobre unha zona chaira, pode ser erosionado pola base e adoptar a forma dun cogomelo, polo que se denominan roquelis, ''rollerous'' (en alemán), [[rocha funxiforme]].