Procesos eólicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
Outra forma de erosión do vento é a [[abrasión]] ou corrasión eólica, na que grans ou partículas minerais duras, normalmente [[cuarzo]], golpean ou rabuñan as superficies rochosas e os obstáculos que afloran. Esta acción do vento cargado de partículas sólidas limítase ás primeiras decenas de centímetros dun acantilado, outeiro uu outro afloramento que destaque sobre un plano máis ou menos horizontal. A corrasión orixina orificios, acanaladuras e entalladuras nas rochas; algunhas veces orixina rochas alveoládas con pequenos ocos; se a masa rochosa destaca sobre unha zona chaira, pode ser erosionado pola base e adoptar a forma dun cogomelo, polo que se denominan roquelis, ''rollerous'' (en alemán), [[rocha funxiforme]].
Alí onde existe unha alternancia de estratos brandos e duros, a acción do vento é altamente selectiva; as zonas menos resistentes son desgastadas máis rapidamente que as duras, as cales acaban por resaltar vigorosamente a modo de saíntes e cornixas con profundas e longas acanaladuras ou corredores, aliñados paralelamente segundo a dirección do vento. A esteesta modeladomodelaxe esculpidoesculpida en cristas e corredores socavados dáselles o nome de ''yardangs''. Nas áreas con bloques e cantos pouco consolidados ou illados, o vento bisélaos do lado de onde sopra tallando unha superficie pulimentada; se a dirección do vento cambia ou o canto é eliminado, pode ser tallado en varias caras separadas por arestas. Estes cantos denomínanse [[ventifacto]]s; cando se modelan de modo bastante perfecto con caras que se cortan en tres bordos agudos reciben o nome de ''[[dreikanter]]s''. Nalgunhas zonas a erosión eólica pode socavar unha parede e acabar furándoa, orixinando un arco pétreo de grandes dimensións e espectacularidade. Cando estes arcos se acaban derrubando orixínanse columnas de rocha.
 
== Transporte de sedimentos polo vento ==