Jacinto Argaya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 25:
 
== Traxectoria ==
Foi nomeado [[bispo]] auxiliar de [[Arquidiocese católica latina de Valencia|Valencia]] o [[15 de agosto]] de [[1952]], recibindo a ordenación episcopañ o [[26 de outubro]] de mans do arcebispo [[Marcelino Olaechea]]. O [[27 de outubro]] de [[1957]] foi nomeado bispo de [[Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol|Mondoñedo]]. Participou en todas as sesións do [[Concilio Vaticano II]] sen ausentarse, xunto co [[cardeal]] [[Pericle Felici]], ningún día dos que durou. Tomou posesión como [[Diocese católica latina de Donostia|bispo de Donostia]] o [[10 de decembro]] de [[1968]].
 
Como bispo de Donostia publicou o [[22 de novembro]] de [[1970]] unha carta pastoral co gallo do [[proceso de Burgos]], asinada conxuntamente co [[diocese de Bilbao|administrador apostólico de Bilbao]], [[José María Cirarda]]. Nela pedían que o xuízo non se celebrara baixo xustiza militar senón baixo tribunais ordinarios, e condenando toda violencia sen importar a súa orixe. Aínda que recibiron moitas críticas de sectores afíns ao [[franquismo|réxime]], a [[Conferencia Episcopal Española]] emitiu unha declaración de apoio aos prelados.<ref>{{cita libro|título=Historia política de España, 1939-2000|volume=2|páxina=194|autor=MARÍN, José María; MOLINERO, Carme|ano=2001|editor=Ediciones AKAL|isbn=9788470903199}}</ref>