Diferenzas entre revisións de «Atenea»

sen resumo de edición
{{Sen referencias|data=outubro de 2013}}
[[Ficheiro:Atena-Giustiniani---Vatican.jpg|miniatura|''Atena Giustiniani'', copia romana do orixinal grego atribuído a [[Fidias]]. [[Museos Vaticanos]].]]
'''Atenea''' é a filla de [[Zeus]] e de [[Metis (mitoloxía)|Metis]], chamada posteriormente polos romanos '''Minerva'''. É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, a estratexia de combate, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como [[Perseo]] e [[Teseo]], e é adorada desde moi antigo como patroa de [[Atenas]], onde se construíu o [[Partenón]], o [[Erecteión]] e os [[Propileos]] para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como [[Atenea Partenos]] ("virxe").
 
Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco e a éxida (especie de coraza de pel de cabra). Na éxide hai representada a cabeza da [[Gorgona (mitoloxía)|gorgona]] [[Medusa]], que lle dera [[Perseo]]. O seu nacemento foi accidentado, pois [[Zeus]], tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.
Usuario anónimo