Milla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
A '''milla''' é unha unidade de lonxitude que non forma parte do [[sistema métrico decimal]]. De orixe moi antiga, foi herdada da [[Imperio romano|Antiga Roma]] e equivalía a mil pares de pasos camiñados por un home (en [[latín]]: ''mille passus'', plural: ''milia passuum''). Como os pasos eran dobres, a milla romana era aproximadamente igual a 1. 467 [[Metro|m]], e polo tanto un paso simple era duns 73 cm.
 
Antes de establecerse o [[Sistema métrico]] a milla foi unha das principais medidas de distancia en todo o mundo occidental, aínda que o seu valor variaba dun país a outro. Coa introdución do sistema métrico, os países latinos e outros moitos comezaron a usar o [[metro]] e os seus múltiplos para medir as distancias terrestres, e actualmente utilízase en todo o mundo, excepto nos países anglosaxóns e os do seu ámbito de influencia, onde aínda utilizan a milla.
Liña 7:
 
==Milla estatutaria==
Actualmente defínenseDefínense dúas millas estatutarias de diferenzas case despreciablesdesprezables, a internacional e a de agrimensura.
 
===Milla internacional===
Chamada simplemente ''milla'', séguese usando nos países anglosaxóns e equivale a '''exactamente''' 1. 609,344 [[metro|m]]. En inglés chámase ''statute mile''. Nos países que utilizan o sistema métrico a milla aparece normalmente nos mapas a fin de que estes poidan ser estudados tamén polos anglosaxóns. Da mesma forma os países anglosaxóns van incorporando paulatinamente o [[quilómetro]] como dato adicional na súa cartografía.
 
===Milla de agrimensura===
Chamada ''survey mile'' en inglés. É usada a diario polo Servizo Público de Agrimensura de Terras dos Estados Unidos. É o equivalente 5.280 [[pé (medida)|pés de agrimensura]], aproximadamente 1. 609 m.
 
==Milla náutica==
{{Artigo principal|milla náutica}}
A '''milla náutica''' ('''NM''', do [[Lingua inglesa|inglés]]: '''N'''autical '''M'''ile), tamén chamada '''milla marítima''', introduciuse na [[náutica]] hai [[século]]s, e foi adoptada, con moi lixeiras variacións, por todos os países occidentais. Aínda é utilizada por todos os navegantes do mundo, ata por aqueles que están afeitos ao sistema métrico. É igualmente usada para a navegación aérea. Equivale a 1. 852 [[metro]]s.
 
{{Control de autoridades}}