Buzz Osborne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Liña 1:
{{Artista musical
| nome = Buzz Osborne
| imaxe = [[Ficheiro:FantomasKing BandBuzzo of The Melvins - croppedAggie Theatre, Fort Collins, Colorado.jpg|250px]]
| lenda =
| nome completo = Roger Osborne
Liña 13:
| tipo de voz =
| selo =
| relacionado con = [[The Melvins]], [[Fantômas (grupo musical)|Fantômas]], [[Venomous Concept]]
| tempo en activo = 1983 - presente
| web =
}}
'''Roger "Buzz" Osborne''', nado en en [[Montesano, Washington|Montesano]] ([[Estado de Washington]]) o [[25 de marzo]] de [[1964]], coñecido como '''Buzz Osborne''' ou como '''King Buzzo''', é o guitarrista, vocalista, compositor e tecnicamente o único membro fundador da banda [[The Melvins]]. Tamén é fundador e guitarrista das bandas [[Fantômas (grupo musical)|Fantômas]] e [[Venomous Concept]]. Foi tamén amigo no instituto de [[Kurt Cobain]] e o baixista da súa primeira banda, [[Fecal Matter]], en [[1986]]. Tamén colaborou con outros artistas como [[Cows]] e [[Tool]].
 
== Biografía ==
Osborne comezou escoitando música de [[Aerosmith]] e [[Ted Nugent]] cando tiña uns 12 anos e despois duns poucos anos interesouse polo [[punk rock]].<ref>{{cita web|título=Stream Melvins Covers Album ‘Everybody Loves Sausages’ With King Buzzo Commentary|url=http://www.spin.com/2013/04/melvins-covers-album-stream-everybody-loves-sausages-buzzo/|editor=Spin|dataacceso=17 de xuño de 2017}}</ref>. A comezos dos 80 Osborne fundou [[Melvins]] con [[Matt Lukin]] e [[Mike Dillard]], os cales asistían tamén ao Montesano High School, onde se graduaron en [[1982]]. Melvins comezaron a tocar [[hardcore punk]] acelerado despois de que Osborne fose introducido a bandas como [[Black Flag]], [[Flipper]] e [[Millions of Dead Cops]] por un amigo doutro estado. Cando Dillard deixou o grupo en [[1984]] recrutaron a [[Dale Crover]], e os ensaios da banda movéronse a unha habitación da casa dos pais de Crover en [[Aberdeen, Washington]]. Melvins comezaron a tocar cancións máis lentas e pesadas.
 
En [[1986]] a banda publicou o seu EP ''[[Six Songs]]'' a través de [[C/Z Records]] (posteriormente editado como ''Eight Songs'', ''10 Songs'' e ''26 Songs'') que foi gravado ao vivo nun dous pistas o [[8 de febreiro]] dese ano. No mes de decembro gravaron o seu primeiro álbum, ''[[Gluey Porch Treatments]]'', no Studio D en [[Sausalito, California]], e este publicouse en [[1987]] a través de [[Alchemy Records]].
 
En [[1988]], Osborne mudouse con Crover a [[San Francisco]], onde a banda gravou o seu seguinte álbum, ''[[Ozma]]'', en maio de [[1989]].
 
Osborne, xunto co resto dos Melvins, coñecía aos membros de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]]. Cando se separou o anterior grupo de [[Dave Grohl]], [[Scream]], este achegouse a Osborne para pedirlle consello. Como resposta Osborne presentoulle a [[Kurt Cobain]] e [[Krist Novoselic]]. A influencia dos Melvisn pode verse claramente na música de Nirvana, especialmente no traballo da época de ''[[Bleach (álbum)|Bleach]]''.<ref>{{cita web|título=Buzz Osborne Continues to Bash 'Montage of Heck'|url=http://www.rollingstone.com/music/news/buzz-osborne-continues-to-bash-montage-of-heck-20150611|editor=Rolling Stone|dataacceso=17 de xuño de 2017}}</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{Melvins}}