Diferenzas entre revisións de «Mao Tse Tung»

m
arranxiños
(troco imaxe)
m (arranxiños)
No plano ideolóxico, Mao asumiu as formulacións do [[Leninismo|marxismo-leninismo]] pero con matices propios baseados nas características da sociedade chinesa, moi diferente da europea. En particular, o [[comunismo]] de Mao outorga un papel central á clase campesiña como motor da revolución, formulación que difire da visión tradicional marxista-leninista da [[Unión Soviética]], que vía aos campesiños como unha clase con escasa capacidade de mobilización e adxudicaba aos traballadores urbanos o papel central na loita de clases.
 
A etapa de goberno de Mao estivo caracterizada por intensas campañas de reafirmación ideolóxica, que provocarían grandes conmocións sociais e políticas en [[China]], como o [[Gran Saltosalto Adianteadiante]] e especialmente a [[Revolución Cultural]], momento no que o seu poder alcanzou as cotas máximas ao desenvolverse un intenso [[culto á personalidade]] en torno á súa figura. Aínda hoxe en día, o papel histórico de Mao está rodeado dunha gran controversia. Anos logo da súa morte, en 1981, o [[Partido Comunista da China]] publicou unha análise oficial sobre a responsabilidade de Mao nos problemas sociais e económicos derivados das súas políticas, no que se lle achacaban erros graves, aínda cando se recoñecía o seu papel como gran líder revolucionario e artífice da subida ao poder do [[Partido Comunista]]. Desde entón, o Partido Comunista da China mantivo esta valoración histórica de Mao como un gran líder, fonte de lexitimidade do propio partido, que con todo cometería algúns erros graves. Fóra da [[Democracia popular|República Popular]], as valoracións de Mao variaron desde a visión amable que o mostraba como un líder popular <ref>Esta visión amable de Mao fíxose bastante habitual en Occidente grazas ao libro do estadounidense [[Edgar Snow]] ''Red Star over China'' ("Estrela vermella sobre China"), publicado, antes da súa etapa máis sanguenta, en 1939.</ref> ata a percepción da súa etapa no poder como un exemplo de autoritarismo tiránico e brutal.<ref>Chang e Halliday (2006) consideran a Mao un ditador tiránico, que sería responsable directo da morte de máis de 70 millóns de chinos.</ref><ref>[http://www.cienciapopular.com/n/Historia_y_Arqueologia/Genocidios_en_la_Humanidad/Genocidios_en_la_Humanidad.php].</ref><ref>[[Li Zhishui]] (1995), que afirmaba ser médico persoal de Mao, móstrao como un líder caprichoso e obsesionado co poder.</ref> A maior discrepancia entre estas visións contrapostas da figura de Mao refírese a cal sería o seu nivel de responsabilidade no fracaso de moitas das políticas radicais que se adoptaron durante o seu liderado, así como ás cifras de mortos como consecuencia, directa ou indirecta, desas campañas políticas (os máis alcistas falan de máis de 70 millóns,<ref>{{cita web |url=http://cultura.elpais.com/cultura/2006/04/19/actualidad/1145397602_850215.html |título=Capítulo I de "Mao: la historia desconocida"|editor= El País |lugar=Madrid) |dataacceso=20 de marzo de 2013 |apelido=Chang |nome=Jung |ligazónautor=Jung Chang |autor2=Halliday, Jon |data=19 de abril de 2006 |editorial=Taurus}}</ref> os máis baixistas dan 10 millóns {{cómpre referencia}}. Doutra banda entre 1949 e 1975 a esperanza de vida duplicouse: de 32 a 65 . A comezos dos anos 1970, [[Shanghai]] tiña unha taxa de mortalidade infantil menor que [[Nova York]].<ref>Penny Kane, The Second Billion (Nueva York: Penguin, 1987); Ruth e Victor Sidel, Serve the People: Observations on Medicine in the People's Republic of China (Nova York: Josiah Macy Jr. Foundation, 1973).</ref> Nunha xeración, a taxa de alfabetización subiu do 15 % en 1949 ao 80 % a mediados dos anos de 1970.<ref>Ruth Gamberg, Red and Expert (Nueva York: Schoken, 1977).</ref> Entre 1949 e 1976 China, o «enfermo de Asia», transformouse nunha potencia industrial importante, cunha taxa de desenvolvemento igualada soamente polos grandes auxes de crecemento da historia.<ref>S. Ishikawa, "China's Economic Growth Since 1949", China Quarterly, junio 1983; Raymond Lotta, "The Theory and Practice of Maoist Planning", en Maoist Economics and the Revolutionary Road to Communism (Nova York: Banner, 1994); Carl Riskin, "Judging Economic Development: The Case of China", Economic and Political Weekly, 8 de octubre de 1977.</ref>
 
En [[1961]] rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do [[PCUS]]. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a [[Revolución Cultural]] en 1966 para consolidar o [[maoísmo]].
Mao tamén desenvolveu teorías como a estratexia de tres fases na guerra de guerrillas e o concepto da ditadura democrática do pobo. Así mesmo, defendeu a Revolución Cultural como mecanismo para evitar a restauración do capitalismo.
 
Entre [[1957]] e [[1960]], Mao dirixe unha ambiciosa campaña de masas denominada ''[[Gran salto adiante]]'', política desarrollista que marcaba o distanzamento entre o comunismo chinés e o soviético. O ''Gran Saltosalto Adianteadiante'' foi un fracaso, e provocou unha [[Gran famenta China|gran famenta]], que se viu agravada por [[Catástrofe natural|catástrofes naturais]].
 
Entre [[1966]] e [[1969]], alentado por seguidores como [[Lin Biao]] e a súa propia esposa [[Jiang Qing]], promoveu unha nova campaña de mobilización social, a [[Revolución Cultural]], co obxectivo, segundo Mao, de profundar a construción do socialismo e impedir a restauración capitalista; no entanto, hai quen considera que, no fondo, os auténticos obxectivos da Revolución Cultural eran apartar do poder a [[Liu Shaoqi]], [[Presidente da República Popular China]], e a [[Deng Xiaoping]], [[Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista da China|secretario xeral do partido]], que o habían apartado do poder efectivo tralo fracaso do Gran salto adiante. Para iso, socavóu os apoios dos dirixentes do partido, creando estruturas de poder paralelas como comités revolucionarios e, de xeito especial, os «Gardas Vermellos», novos adoutrinados que «atacaban» a quen eran considerados reaccionarios ou contrarrevolucionarios. Mao acabaría, con todo, pedindo ao exército que acabase cos desmáns dos gardas vermellos, ante os crecentes actos de intimidación e violencia provocados por estes. En abril de [[1969]], o IX Congreso Nacional do Partido Comunista da China deu por concluída a [[Revolución Cultural]] e suspendéronse as actividades dos Gardas Vermellos. As loitas de poder que se sucederon a continuación levarían a unha situación de gran inestabilidade ata logo da morte de Mao, cando os reformistas liderados por Deng Xiaoping conseguirían facerse co poder.
[[Ficheiro:Mao_Zedong_1913.jpg|miniatura|Mao en 1913]]
[[Ficheiro:Mao1927.jpg|miniatura|Mao Tse Tung en 1927.]]
Mao era fillo dun granxeiro acomodado establecido en [[Shaoshan]] ([[Hunan]]), coidado pola familia da nai durante a súa infancia<ref>Clements, Jonathan (2006) ''Mao Zedong'' London:Haus Publising, p.1</ref>, traballou logo na granxa de seu pai comezando a escola aos oito anos, seguindo o canon clásico [[confucionismo|confucionista]] dos cinco clásicos que só fixo impacto nel de xeito negativo<ref>Terrill Ross (1999) ''Mao. A Biography'' Stanford:Stanford University Press, p. 35</ref> converténdose nun lector voraz <ref>Feigon, Lee (2002). Mao: A Reinterpretation. Chicago: Ivan R. Dee, p. 15</ref>. En 1909 foi á cidade de [[Changsha]] para comezar os seus estudos de secundaria nun novo tipo de escola de estilo máis occidental<ref>Karl, Rebecca (2010)''Mao Zedong and China in the Twentieth-Century World: A Concise History'' Duke University Press, p. 7</ref>, influenciado polos sucesos da [[Revolución de Xinhai]] (1911) e do [[Movemento do Catro de Maio]] (1919) adoptou posicións [[nacionalismo chinés|nacionalistas]] e [[antiimperialismo|antiimperialistas]] e mentres traballaba na [[Universidade de Pequin]] achegouse ao marxismo-leninismo, converténdose nun dos primeiros membros do [[Partido Comunista da China]] (PCC) logo da súa fundación en [[1921]], chegando axiña a posicións de mando. En 1922 os comunistas chegaron a un acordo co [[Kuomintang]], un partido nacionalista revolucionario con máis peso na época; Mao axudou na creación dun exército campesiño e organizou a reforma agraria. En 1927 o líder militar do KMT, [[Chiang Kai-shek]] puxo fin á alianza e realizou unha purga dos elementos comunistas, asemade o PCC formou cos elementos fieis a súa propia milicia, o que conduciu á [[Guerra civil chinesa|guerra civil]]. Mao foi responsable do comando dunha parte do [[Exército Popular de Liberación]], e logo de varios reveses, ascendeu ao poder no partido tras dirixir a [[Longa Marcha]]. Cando o [[Imperio do Xapón]] invadiu China en 1937 e deu comezo a [[Segunda guerra sino-xaponesa]], Mao concordou co KMT unha [[Segunda Fronte Unida|fronte unida]] que se saldou coa vitoria do CPC-KMT en 1945. Logo estoupou de novo a guerra civil, na cal Mao dirixiu o Exército Popular logrando a vitoria e proclamando Mao a fundación da República Popular da China, un estado socialista de partido único controlado polo PCC, mentres Chiang e os seus seguidores procuraron refuxio en [[Taiwán]]. Mao logo da [[Campaña de Supresión dos Contrarrevolucionarios]] realizou a [[reforma agraria]] coas terras dos antigos señores [[feudalismo|feudais]] dividíndoas entre as [[comuna popular|comunas populares]] e estableceuse un culto á personalidade baseado na súa persoa<ref>Breslin, Shaun (1998) ''Mao'' Essex:Pearson Education, pp 110 e ss.</ref>. Entre 1958 e 1961 dirixiu a campaña coñecida como o [[Gran Saltosalto Adianteadiante]] deseñado para modernizar e industrializar o país, non obstante os problemas agrarios empeoraron polas súas políticas e houbo fame no país. En 1966 iniciou a [[Revolución Cultural]], un programa para eliminar os elementos contrarrevolucionarios na sociedade chienesa, que continuou ata a súa morte.
 
Unha figura fondamente controvertida, está considerado un dos individuos máis importantes na [[historia do mundo contemporáneo]].<ref>{{Cita web|work=The Oxford Companion to Politics of the World|url=http://www.oxfordreference.com/pages/samplep02|title=Mao Zedong|accessdate=August 23, 2008}}</ref> Os seus partidarios gaban o seu pulo modernizador que levou a China a se converter nun dos poderes mundiais, a promoción do status da muller, a expansión da educación e da saúde, o aumento da esperanza de vida e a consecución da vivenda universal.<ref>Gao, Mobo (2008). The Battle for China's Past: Mao and the Cultural Revolution. London: Pluto Press, p. 81</ref><ref name="China 2010, pp. 327">''The Cambridge Illustrated History of China'', by Patricia Buckley Ebrey, Cambridge University Press, 2010, ISBN 0-521-12433-6, pp. 327</ref> aínda que China case dobrou a súa poboación durante o liderado de Mao,<ref>''Atlas of World History'', by Patrick Karl O'Brien, Oxford University Press US, 2002, ISBN 0-19-521921-X, pp 254, [http://books.google.com/books?id=ffZy5tDjaUkC&pg=PA254&dq=China's+population+almost+doubled+during+the+period+of+Mao's+leadership&hl=en&sa=X&ei=Clu5UMG6H4j28wTk2oDQDQ&ved=0CDAQ6AEwAA#v=onepage&q=China's%20population%20almost%20doubled%20during%20the%20period%20of%20Mao's%20leadership&f=false link]</ref> de 550 a 900 millóns.<ref name="China 2010, pp. 327"/> Como resultado, Mao aínda está considerado por moitos chineses coma un grande estratego político e militar e o salvador da nación. Os maoístas tamén promoven o seu papel como teórico, home de estado, poeta e visionario, que inspirou movementos revolucionarios ao longo do globo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Short|2001|p=630}} "''Mao had an extraordinary mix of talents: he was visionary, statesman, political and military strategist of cunning intellect, a philosopher and poet.''"</ref> Pola contra, para os seus críticos, foi un [[ditador]] que dirixiu un estado que sistematicamente violaba os [[dereitos humanos]], e que causou entre 40 e 70 millóns de mortos por medio da fame, os [[traballos forzados]] e execucións.<ref name="deathtoll">{{Cita Harvard sen parénteses|Short|2001|p=631}}</ref><ref>[[R. J. Rummel|Rummel, R. J.]] ''[http://www.hawaii.edu/powerkills/NOTE2.HTM China's Bloody Century: Genocide and Mass Murder Since 1900]'' [[Transaction Publishers]], 1991. ISBN 0-88738-417-X p. 205: In light of recent evidence, Rummel has increased Mao's [[democide]] toll to [http://democraticpeace.wordpress.com/2008/11/24/getting-my-reestimate-of-maos-democide-out/ 77 million]; [[Daniel Jonah Goldhagen]]. ''Worse Than War: Genocide, Eliminationism, and the Ongoing Assault on Humanity.'' [[PublicAffairs]], 2009. ISBN 1-58648-769-8 p. 53: "...&nbsp;the Chinese communists' murdering of a mind-boggling number of people, perhaps between 50 million and 70 million Chinese, and an additional 1.2 million Tibetans."</ref>
104.590

edicións