Diferenzas entre revisións de «Ebolavirus»

m
m (Arranxos varios)
m (→‎Clasificación: Pensilvania)
[[Ficheiro:Filovirus phylogenetic tree.svg|miniatura|[[Árbore filoxenética]] que compara ''Ebolavirus'' e ''Marburgvirus''. Os número indican a porcentaxe de confianza das ramas.]]
 
Os xéneros ''Ebolavirus'' e ''[[Marburgvirus]]'' comprenden especies que inicialmente foron clasificadas no xénero, hoxe obsoleto, ''Filovirus''. En 1998, o Subcomité de Virus de Vertebrados propuxo no [[ICTV]] cambiar o xénero ''Filovirus'' á familia ''Filoviridae'' dividíndoo en dous xéneros específicos: ''virus de tipo Ebola'' (''Ebola-like viruses'') e ''virus de tipo Marburg'' (''Marburg-like viruses''). Esta proposta foi aplicada na sesión de Washington, D.C. en 2001 e en ParisParís en 2002. En 2000, fíxose outra proposta en Washington, D.C., para que se cambiase a denominación "virus tipo..." (''"-like viruses"'') a "-virus", o que deu como resultado os nomes de xéneros actuais ''Ebolavirus'' e ''Marburgvirus''.<ref>{{Cite web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTVdb/ICTVdB/01.025.0.02.htm|title=ICTVdB Virus Description – 01.025.0.02. Ebolavirus|accessdate=2009-06-02|last=Büchen-Osmond|first=Cornelia|date=2006-04-25|publisher=International Committee on Taxonomy of Viruses}}</ref><ref>ICTV cambios de nome dos ebolavirus [http://ictvonline.org/taxonomyHistory.asp?taxnode_id=20130388&taxa_name=Zaire ebolavirus]</ref>
 
As cinco especies caracterizadas de ebolavirus, que cada unha contén un só virus, son:
; ''[[virus Sudán|Ebolavirus Sudán]]'' (contén o virus Sudán, SUDV): Igual que o virus Zaire, o SUDV apareceu en 1976, e ao principio pensouse que era identico á especie Zaire.<ref name=Lancet2011>Feldmann, H.; Geisbert, T. W. (2011). "Ebola haemorrhagic fever". The Lancet 377 (9768): 849–862. doi:10.1016/S0140-6736(10)60667-8. PMID 21084112.</ref> O SUDV crese que empezou en traballadores dunha fábrica de algodón en Nzara, [[Sudán]] (hoxe en [[Sudán do Sur]]), e o primeiro caso foi o dun traballador exposto a un reservorio natural potencial. Os científicos examinaron os insectos e outros animais locais, mais ningún deu positivo para o virus. O portador aínda é descoñecido. A falta de barreiras contra o contaxio durante a atención médica (ou "illamento de camas") facilitou o espallamento da enfermidade. O estalido máis recente ocorreu en 2004. Confirmáronse 20 casos en Yambio, Sudán, dos que cinco morreron. As taxas medias de mortalidade da infección por SUDV foron o 54% en 1976, o 68% en 1979, e o 53% en 2000 e 2001.
 
; ''[[virus Reston|Ebolavirus Reston]]'' (contén o virus Reston, RESTV): Este virus descubriuse durante o estalido epidémico do [[virus da febre hemorráxica de simios]] (SHFV) en [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] que tiñan os [[Covance|Hazleton Laboratories]] (hoxe Covance) en [[Reston, Virxinia]], EUA en 1989. Desde o estalido inicial en [[Virxinia]], volveuse a dar en primates non humanos en [[PennsylvaniaPensilvania]], [[Texas]], e [[Siena]], [[Italia]]. En todos os casos, os animais afectados foran importados dunha instalación de [[Filipinas]].<ref name="KnownCasesCDC">{{Cite web|url=http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/spb/mnpages/dispages/ebola/ebolatable.htm|title=Known Cases and Outbreaks of Ebola Hemorrhagic Fever|accessdate=2008-08-02|author=Special Pathogens Branch CDC|date=2008-01-14|publisher=Center for Disease Control and Prevention}}</ref> Posteriormente, en Filipinas o virus tamén afectou a [[porco]]s.<ref>{{cite news|url=http://www.nytimes.com/2009/01/24/health/24ebola.html|title=Pig-to-Human Ebola Case Suspected in Philippines|accessdate=2009-01-26|date=2009-01-24|publisher=New York Times | first=Donald G. | last=McNeil Jr}}</ref> Malia a súa consideración como organismo de Nivel 4 de [[bioseguridade]] e a súa aparente [[patóxeno|patoxenicidade]] en monos, o REBOV non causou a enfermidade en ningún dos humanos expostos nos laboratorios.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|p=300}}</ref>
 
; ''[[virus Taï Forest|Ebolavirus Bosque Taï]]'' (contén o virus Bosque Taï, TAFV): Antes denominado ''Côte d'Ivoire ebolavirus'', descubriuse nos [[chimpancé]]s do [[Parque Nacional de Taï]] de [[Costa do Marfil]], [[África]], en 1994, polo que se lle acabou chamado virus Bosque Taï (ou Taï Forest). As [[autopsia]]s mostraron que o sangue no corazón tiña cor castaña; non había signos evidentes nos órganos; e nunha das necropsias os pulmóns estaban cheos de sangue. Os estudos dos tecidos extraídos dos chimpancés mostraron resultados similares aos dos casos humanos do brote de Ebola de 1976 en Zaire e Sudán. A medida que se atoparon máis chimpancés mortos, moitos deron positivo para o Ebola utilizando técnicas moleculares. A fonte dos virus crese que foi a carne de monos colobos occidentais infectados (''[[Procolobus badius]]'') que os chimpancés depredaron. Unha das científicas que realizaron as autopsias dos chimpancés infectados contraeu o Ebola, e desenvolveu síntomas similares aos do [[dengue]] aproximadamente unha semana despois de que realizase a autopsia, tardou en curar seis semanas desde a infección, das cales dúas foron de hospitalización.<ref>{{Cita libro|last=Waterman|first=Tara|title=Ebola Cote D'Ivoire Outbreaks|url=http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|accessdate=2009-05-30|year=1999|publisher=Stanford University}}</ref>
103.280

edicións