Morteiro (arma): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 12:
Para [[1915]] os británicos lograran un deseño compacto de tubo de ánima lisa e bípode, que é considerado o primeiro morteiro moderno. Alcumárono Morteiro Stokes en honra ao seu creador, Wilfred Stokes. Desenvolveuse en varios calibres, desde os 60 aos 120 mm.
 
Os morteiros modernos en xeral son derivados directos do morteiro Stokes. Están formados por un tubo en cuxo interior se deixa caer o proxectil, o cal é percutido ao tocar unha agulla percutorapercusora existente no fondo do tubo, o que resulta na detonación dun propelente e o consecuente disparo do proxectil.
 
As súas "granadas" son de fabricación máis sinxela e barata ca os de artillaría convencional, e transportan maior carga explosiva por unidade de peso de proxectil, proporcionando un poder destrutivo maior ao empregaren velocidades de caída menores. Isto permite tamén unha mellor distribución dos cascos fragmentarios e unha óptima distribución da enerxía cinética da explosión.