Asedio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Siege of a city, medieval miniature.jpg|miniatura|dereita|200px|Representación do asedio dunha cidade medieval]]
Un '''asedio''' ou '''cerco'''<ref>{{DRAG|cerco}}</ref> é a acción militar que consiste en rodear con xente armada un lugar para combatelo, privalo de comunicacións e apoderase del. Asediar implica o bloqueo militar prolongado dunha fortaleza, que adoita ir acompañado do asalto da mesma, co obxectivo da súa conquista mediante a forza ou o desgaste. Ten lugar cando un atacante se atopa cunha cidade ou fortaleza que rexeita a rendición e non pode ser tomada facilmente cun asalto frontal. Normalmente comporta o rodeo do obxectivo marrada e o bloqueo das liñas de abastacemento, e se fose preciso, axudados con [[arma de asedio|maquinaria de asedio]], bombardeo de [[artillería]] e a construción de túneles subterráneos para superar as fortificacións. O termo provén do [[Lingua latina|latín]] ''sĕdĭcum'', "asento", derivado de ''sĕdēre'', "sentar".
 
Na [[historia]], os asedios probablemente xurdiron paralelamente co desenvolvemento das cidades e os grandes centros de poboación. As cidades antigas de [[Oriente Medio]], por exemplo, xa amosan restos arqueolóxicos de murallas fortificadas. Durante o [[Período dos Reinos Combatentes|período dos Reinos Combatentes]] na [[China]], hai probas tanto textuais como arqueolóxicas de asedios prolongados e do emprego de máquinas de asedio contra os defensores da cidade.