Indutor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Notas: trad. ca.wiki
Liña 174:
 
A regra é que, para evitar os arcos ou as sobretensións, hai que protexer os circuítos prevendo unha pasaxe para a corrente do indutor cando o circuíto se interrompe. No diagrama da dereita hai un exemplo dun transistor que controla a corrente nunha bobina (a dun [[relé]], por exemplo). Cando o transistor se bloquea, a corrente que circula na bobina carga as capacidades parásitas e a tensión do colector aumenta e pode exceder facilmente a tensión máxima da unión colector-base e destruír o transistor. Colocando un [[díodo]] como no diagrama, a corrente atopa un camiño no díodo e a tensión do colector estará limitada á tensión de alimentación máis o 0,6 V do díodo. O prezo funcional desta protección é que a corrente da bobina tarda máis en diminuír e iso, nalgúns casos, pode ser un inconveniente. Pódese diminuír o tempo se, en lugar dun díodo rectificador, colócase un [[Díodo Zener|díodo zéner]] ou Transil. Non hai que esquecer que o dispositivo de protección deberá ser capaz de absorber case toda a enerxía almacenada no indutor.
 
== Aplicacións ==
Os indutores son moi utilizados nos [[Circuíto analóxico|circuítos analóxicos]] e no [[procesamiento de sinais]]. En combinación cos [[condensador]]es e outros [[compoñentes]] forman circuítos que poden potenciar ou [[Filtro electrónico|filtrar]] un sinal dunhas frecuencias específicas. As aplicacións van desde os grandes indutores que se utilizan nas fontes de alimentación en combinación con filtros de condensadores para eliminar as oscilacións habituais na [[corrente alterna]] a 50 ou 60 Hz, ou outros tipos de fluctuacións, ata os pequenos indutores de [[bobina de choque|ferrita]] ou toroidais instalados ao redor dun cable para evitar que as [[Interferencia electromagnética|interferencias electromagnéticas]] se transmitan ao cable. Tamén se utilizan combinacións de pequenos indutores e condensadores para construír [[Circuíto resonante|circuítos resonantes]] de sintonización de [[Receptor de radio|radiodifusión]].
 
Os indutores tamén se utilizan nos sistemas de transmisión para diminuír as voltaxes procedentes das descargas dos [[raio]]s ou para limitar os [[Corrente de escape|correntes de escape]]. No campo desta última aplicación son coñecidos como reactores (indutores con reactancia).
 
As bobinas das [[Máquina eléctrica|máquinas eléctricas]] poden ir tanto no [[rotor]] como no [[estator]] e conforman o circuíto eléctrico da máquina. Segundo como se queira que traballe o motor, as bobinas pódense colocar de dúas maneiras: nos polos (saída con saída, entrada con entrada, saída con saída...) ou nos polos consecuentes (saída con entrada, saída con entrada, saída con entrada...). Tamén se poden facer en series paralelas nas cales temos que manter as espirais conectadas na rede eléctrica.
 
==Notas==