Bidueiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arregrar erro
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Aplicacións: matriosca
Liña 100:
En [[Escocia]] atopáronse enterramentos de hai séculos con cascas en perfecto estado.
 
Pola contra, a súa madeira é moi vulnerábel, utilizándose para facer pasta de papel e tinta de imprenta. A madeira traballábase con facilidade e se utilizaba para mangos de ferramentas e outros obxectos de pequeno talle, i é usada en Rusia para tallar as [[matrioshcamatriosca]]s, as famosas bonecas rusas, así como para fabricar [[Esquí (táboa)|esquís]]. A madeira tamén é excelente para o carbón. A casca, pola súa impermeabilidade, utilízase para fabricar zocas, canastras, caixas etc. Ademais ten propiedades febrífugas e se administra en po en infusión, soa ou acompañada con outra substancia medicinal. As pólas, por seren moi flexíbeis, empréganse en cestaría.
 
Por destilación, a casca subministra un óleo resinoso balsámico especial, que no norte de Europa é moi apreciado para a preparación do coiro magro (chamado “coiro de Rusia”), ao que comunica un arrecendo aromático moi característico, ademais de protexelo da acción dos insectos. O [[zume (botánica)|zume]] fervido é usado como enxaugadura bucal para as enfermidades da gorxa, ulceracións da boca, irritación das [[enxiva]]s, e unha excelente loción detersiva para lastras e úlceras. Coas raíces faise unha pomada para a pel que axuda á cicatrización de feridas, grans, a [[Sarna|raña]], erupcións, ampolas e bóchegas da pel.