Samesugas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
| web =
}}Grupo galego formado na cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]] no ano [[1999]], con antigos formantes doutros grupos como os [[Dirty Barriguitas]]. Practican [[Rock and Roll]] con sonido [[garage]] en [[inglés]] e [[galego]]. A súa discografía até o ano [[2006]] estaba formada basicamente por singles e EP's, porén conseguiron chegar a ser coñecidos internacionalmente, e mesmo seleccionados para varios recopilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a [[Turbonegro]] en [[2002]], no que participan cunha versión en [[galego]] da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editan un vinilo titulado ''Machine in your brain'', que será reeditado en cd en [[2006]]. No ano [[2003]] fan unha xira por [[Finlandia]]. O seu primeiro traballo longo será ''Alá vai!'' no ano [[2007]]. Nese mesmo ano versionan para [[Manifesto Dobarrista]], o tributo a [[Andrés do Barro]] a súa canción "Homes".
 
Samesugas pasou relativamente despercibido para a crítica musical galega en comparación con outros grupo contemporáneos, un feito que choca co seu relativo peso internacional, en especial nos paises escandinavos.
 
A súa formación é: Joaquín: guitarra & voz; Alberte: baixo; Álex: guitarra; Ramón: bateria.
==Discografía==