Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegue > engalaxe.
Liña 295:
A comezos do [[século XIX]] Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército de [[Napoleón]]. Un levantamento popular encabezado polos militares [[Pablo Morillo]] e [[Bernardo González del Valle|Bernardo González “Cachamuíña”]] expulsou ao exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. A finais do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.
 
O [[século XX]] caracterizouse polopola despegueengalaxe económicoeconómica. Instaláronse novas industrias, melloraron as comunicacións, creáronse plans de ancheamento da cidade etc. No primeiro terzo de século o seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban cara ás [[América]]s. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo da [[guerra civil española]] ([[1936]] [[1939]]). Entre as vítimas pódese citar o alcalde [[Emilio Martínez Garrido]], fusilado o [[26 de agosto]] de [[1936]].
 
Nas décadas de 1960 e 1970, Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordenado, motivado polo desenvolvemento industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galicia. A pesar da crise do petróleo, que azoutou a cidade entre [[1975]] e [[1985]], desde finais da década de 1980 obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata a actualidade.