Diferenzas entre revisións de «Ética demostrada segundo a orde xeométrica»

sen resumo de edición
'''''Ética demostrada segundo a orde xeométrica''''' (en [[Lingua latina|latín]] ''Ethica ordine geometrico demonstrata'' ou ''Ethica more geometrico demonstrata'') é considerada a principal obra do [[Filosofía|filósofo]] [[Países Baixos|neerlandés]] [[Baruch de Spinoza|Baruch Spinoza]]. Foi publicada postumamente en [[1677]], ano da morte do autor.<ref>{{Cita libro|título=Etica dimostrata secondo l'ordine geometrico|apelidos=Spinoza|nome=Baruch|editorial=Bompiani|ano=2013|ISBN=978-88-452-5898-5|ref=}}</ref>
 
A ''Ética'' está organizada segundo un [[método axiomático-dedutivo]] inspirado na [[xeometría euclidiana]] co obxectivo de garantir a certeza dos resultados. O carácter pronunciadamente sistemático amosa o propósito de tratar todos os campos de investigación da filosofía dividíndose en cinco partes (sobre Deus, a mente, as paixóns, a escravización do ser humano en relación a estas e a posibilidade da súa liberación delas) que corresponden a un percorrido que, partindo das cuestións máis fundamentais da metafísica e pasando pola teoría do coñecemento, chega á éticoética coa fin de formular unha teoría da ledicia humana.
 
Dende a súa publicación inicial, a ''Ética'' de Spinoza influíu o pensamento e a obra de abondosos filósofos posteriores ata o presente. Inicialmente, porén, Spinoza sufriu acusacións de ser [[Ateísmo|ateo]] e outros criticismos, principalmente polas súas indagacións sobre a natureza de [[Deus]]. No entanto, a ''Ética'' e as ideas de Spinoza en xeral tiveron un papel importante na filosofía subseguinte, inspirando [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], [[Johann Gottlieb Fichte|Johann Fichte]], [[Friedrich Schelling]], os empiristas [[John Locke]] e [[David Hume]], e pensadores dos séculos XIX e XX como [[Ernst Mach]], [[William James]], [[Bertrand Russell]], entre outros.<ref>{{Cita libro|título=Guida alla lettura dell'"Etica" di Spinoza|apelidos=Scribano|nome=Emanuela|editorial=Laterza|ano=2008|ISBN=978-88-420-8732-8|ref=}}</ref>
 
Inda que a ''Ética'' de Spinoza é unha obra orixinal e radical, o seu autor estivo influído por varios pensadores. O seu coñecemento profundo dos problemas filosóficos e do xeito en que foron tratados no pasado, mesmo recentemente, emerxe do contido da propia ''Ética''. Entre os marcos de referencia de Spinoza atópanse [[Filosofía antiga|filósofos antigos]] coma [[Platón]], [[Aristóteles]] e os [[Estoicismo|estoicos]]; os [[Filosofía xudía|pensadores xudeus]] da [[Idade Media]] coma [[Maimónides]]; os filósofos da escena europea dos séculos [[Século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]] coma [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]], [[Thomas Hobbes]] e, especialmente, [[Descartes]]. Sobre este último, en particular, Spinoza é nalgúns aspectos moi próximo, inda que en moitos outros aspectos importantes se afaste claramente, criticando Descartes moitas veces dun xeito máis ou menos directo.
 
== O método xeométrico ==
A obra é profundamente sistemática, proponse tratar todos os campos da filosofía dividíndoa en cinco partes (sobre Deus, a mente, as paixóns, a escravización do ser humano en relación a estas e a posibilidade da súa liberación delas) que corresponden a un percorrido que, partindo das cuestións máis fundamentais da metafísica e pasando pola teoría do coñecemento, chega á ética coa fin de formular unha teoría da ledicia humana.
 
A exposición do contido da ''Ética'', tal como especifica o título, está organizada segundo un método «xeométrico» baseado no modelo [[Dedución|axiomático-dedutivo]] da [[xeometría euclidiana]]. Spinoza encomeza por enunciar [[Axioma|axiomas]] a mais [[Definición|definicións]] para asentar unha base sobre a cal [[Proba matemática|demostra]] as [[Teorema|proposicións]] cos seus eventuais [[Corolario|corolarios]]. Este método, que pretende garantir demostrativamente a certeza dos resultados, é considerado por algúns comentaristas como un reflexo significativo daquela que para Spinoza é a estrutura da propia substancia de referencia de todo o que é no mundo, unha vez que a causalidade da dinámica do universo corpóreo é traducida nunha serie de correspondentes nezos de implicación lóxica; outros, sen necesariamente contestar esta tese, sustentaron que mesmo así a forma da ''Ética'' podería ser a dun texto filosófico normal en prosa. De calquera xeito, foi subliñado que, en primeiro lugar, moitas veces Spinoza subentende, como presupostos, teses que aínda non enunciou e que só posteriormente serán demostradas; e que, en segundo lugar, algúns dos que o autor considera como axiomas implican tomas de posición filosoficamente contestables e mesmo así están lonxe de seren evidentes en si mesmos, xustificándose en vez diso, pouco a pouco, en virtude das consecuencias obtidas a partir deles.
 
== Contido ==
10.315

edicións